
O grupo teatral Ardora, de San Ciprián (Cervo), representará a obra titulada Aire fresco este sábado, día 15 de novembro, ás 20:00 horas na Casa da Cultura de Alfoz. É unha comedia para todos os públicos cunha duración de 75 minutos. A entrada é de balde.
O Concello de Alfoz explica que “nesta obra o humor serve para reflexionar sobre unha realidade moi seria: as persoas maiores foron un dos colectivos máis afectados durante a pandemia, pola súa vulnerabilidade e polo impacto que o illamento tivo nas súas vidas. Aire Fresco busca facer rir, pero tamén concienciar sobre a importancia de coidar a quen nos coidou. Vente pasar un rato de teatro, risa e reflexión”.


