Alfoz acolle este sábado, 29 de novembro, unha representación teatral a cargo de Os Pícaros de Lagoa

Alfoz acollerá este sábado, día 29 de novembro, unha representación teatral a cargo do grupo Os Pícaros de Lagoa, que ofrecerán a obra titulada Estes vellos saben moito … ou non. Será ás 20:30 horas na Casa da Cultura.

“Este sábado pechamos o mes de teatro cunha nova proposta do Circuito de Teatro Afeccionado 2025: Estes vellos saben moito … ou non, de Os Pícaros de Lagoa. É unha comedia costumista para todos os públicos cunha duración de 60 minutos e entrada de balde”, explica o Concello de Alfoz, que tamén anuncia que “antes da obra, ás 19:00 horas, terá lugar a presentación do libro As tolas que non o eran, de Carmen V. Valiña, actividade incluída na programación do 25N”.