Alfoz

Etiquetas:
28/08/2024

A Asociación de Veciños de Santiago de Adelán, en colaboración coa Deputación de Lugo e do Concello de Alfoz, organiza as Festas na honra de San Ramón os días 31 de agosto e 1 de setembro de 2024.

O sábado, 31 de agosto, as celebracións comezarán ás 13.00 horas cunha misa solemne, seguida da tradicional procesión. A continuación haberá sesión vermú amenizada polo Dúo Sensación. Ás 14.30 horas terá lugar a comida popular, e pola noite, a verbena contará co Dúo Sensación e a Disco Móbil Pataquiña para animar a todos os asistentes.

O domingo, 1 de setembro, haberá os actos relixiosos ás 13.00 horas, cunha nova misa solemne, procesión e sesión vermú. Pola noite, ás 21.30 horas a verbena estará amenizada pola Orquestra Escaparate.

 

Etiquetas:
28/08/2024

O Concello de Alfoz anuncia que este sábado, día 31 de agosto, celebrarase de 18 a 20 horas unha festa de fin de tempada na piscina municipal de Alfoz. O evento contará con música e tobogán inchable “para o desfrute da veciñanza”.

“Xunto a esta actividade tamén se dará por finalizado o programa de Ludiverán e as Noites de Campamento 2024, poñendo punto e final ás actividades estivais organizadas polo Concello. Estas actividades foron todo un éxito, como demostra a alta participación e o entusiasmo mostrado por veciñas e veciños en cada unha delas”, explica o Concello de Alfoz.

Ademais o Concello de Alfoz anuncia que a vindeira semana publicarase a oferta de actividades para a apertura do CEIP, que incluirá os programas de Madrugadores, Ocio e Estudo e clases de Inglés polas tardes. Tamén se abrirá a inscrición...

leer más
19/08/2024

A novela “Nove lúas”, escrita por Lionel Rexes, será presentada este venres, 23 de agosto, ás 20:30 horas no salón de actos da Casa da Cultura de Alfoz.

O acto está organizado pola Asociación Veciñal de Mor, que anuncia: “o 23 de agosto teremos a presentación do último libro publicado do noso veciño Lionel Rexes, titulado “Nove lúas”, premio Neira Vilas de novela curta 2023. Será as 20:30 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz. Ao remate haberá firma de libros e pinchos gratuítos”.

Etiquetas:
13/08/2024

A parroquia de O Pereiro, coa colaboración do Concello de Alfoz, da Deputación de Lugo e da Xunta, xa ten todo listo para homenaxear a Santa María do Pereiro os días 16 e 17 de agosto.

A celebración comezará o venres, 16 de agosto, ás 13:30 horas cunha misa solemne seguida de procesión. A continuación, Tania amenizará a sesión vermú co seu acordeón. Xa pola noite, Kalima 3.0 e Tania e o seu acordeón poñerán música á verbena.

O sábado, 17 de agosto, ás 13:30 horas haberá misa e procesión seguida dunha sesión vermú a cargo do Grupo Lume. Por último, Xilo e Carlos Manteiga xunto co Grupo Lume pecharán estas festas cunha gran verbena.

12/08/2024

O Concello de Alfoz, a través da Área de Xuventude, anuncia a celebración dunha nova edición de Noites de Campamento dirixida á mocidade nada entre os anos 2006 e 2011, sempre que non teñan cumpridos os 18 anos. Esta actividade desenvolverase os días 27, 28 e 29 de agosto e “ofrece unha excelente oportunidade para que as mozas e mozos do concello desfruten dunha experiencia inesquecible. Durante estes días, as persoas participantes poderán gozar dunha ampla variedade de actividades, incluíndo xogos, piscina, momentos de convivencia e moitas outras sorpresas que farán destas xornadas unha experiencia lúdica e educativa”.

O prazo de inscrición para participar nesta iniciativa estará aberto do 13 ao 20 de agosto. As solicitudes poderán presentarse nas oficinas de rexistro do Concello de Alfoz ou a través da sede electrónica.

... leer más
Etiquetas:
09/08/2024

A parroquia de Bacoi, no concello de Alfoz, celebrará as festas na honra a Nosa Señora os días 14 e 15 de agosto, mércores e xoves.

As actividades empezarán o mércores ás 21:30 horas con churrascada e chourizada, ademais da actuación do dúo Belinda.

E o xoves celebrarase misa solemne ás 13:30 horas e despois haberá procesión seguida de sesión vermú, co grupo Pasión, que tamén actuará na verbena, desde as 21:00 horas.

As festas están organizadas pola Asociación de Veciños de Bacoi.

 

Etiquetas:
08/08/2024

A parroquia de Castro de Ouro, no concello de Alfoz, celebra a festa na honra a San Salvador este domingo, 11 de agosto. Este festexo recupérao a asociación veciñal Castrodouro, que anuncia: “esta fin de semana hai unha nova cita cunha das festas máis queridas do noso pobo: o San Salvador. Igual é porque deixou de celebrarse durante moito tempo e cando se fixo foi de forma intermitente. Tamén porque moita xente ten conexión co Castro e fai o posible por regresar nestas datas. E é que cando temos San Salvador todo o mundo é un chisco da nosa parroquia”.

As actividades comezarán ás 13:00 horas con misa solemne e despois haberá procesión e sesión vermú, a cargo do dúo Belinda. Ás 15:00 horas empezará unha comida campestre e a partir das 18:00 horas haberá sesión de tarde amenizada polo dúo Belinda.

Etiquetas:
07/08/2024

O Concello de Alfoz anuncia que “esta fin de semana temos unha cita para asistir á festa na honra da Virxe do Carme e San Mamede, organizada pola Asociación Veciñal de San Mamede das Oiras”. Serán o venres 9 e o sábado 10.

As actividades comezarán o venres ás 21:00 horas con cea e despois actuacións de Xilo e Carlos e do dúo Belinda.

E o sábado ás 13:30 horas haberá misa solemne e continuación sesión vermú co dúo Eclipse, que tamén actuará na verbena xunto á disco móbil Conxuro, que ofrecerá Remember 90.

A organización anuncia que haberá carpa.

Etiquetas:
03/08/2024

Agosto é o mes no que a biblioteca municipal de Alfoz cambia o seu horario de apertura. Durante os 18 primeiros días, o local estará aberto de luns a venres de 9 a 14:30 horas.  Por outra banda, do 19 ao 30 (ambos incluídos) a biblioteca permanecerá pechada por descanso do persoal.

Cómpre lembrar que se poden devolver os libros no buzón que se encontra no exterior da Casa da Cultura.

 

Etiquetas:
02/08/2024

Durante este mes de agosto  calquera pode ter a oportunidade de gañar un premio en Alfoz.

Participar é moi fácil. As persoas interesas so deberán seguir a @TURISMOALFOZ, comentar e deixar un me gusta na publicación sobre o xogo e mandar unha fotografía do “Casteloo da Frouseira” ao correo turismo@concellodealfoz.com. O autor ou autora da mellor fotografía será agasallado cun premio sorpresa.

Para obter máis información, poderase chamar á oficina de turismo no número 982 55 85 78 en horario de 16:00 a 20:00 horas os venres, sábados e domingos e de 11:00 a 14:00 horas os sábados e domingos.

O Concello de Alfoz convida a todos e todas a participar neste magnífico xogo turístico.