Alfoz

Etiquetas:
05/05/2022

O Concello de Alfoz organiza un obradoiro de elaboración de xabón con aceite doméstico usado. Será o venres 13 de maio ás 17:00 horas na Casa da Cultura (exterior e salón de actos).
 
As persoas interesadas poden informarse e inscribirse no teléfono 982.558. 001 (ext. 2) e no Concello de Alfoz. As prazas son limitadas.

 

Etiquetas:
03/05/2022

O grupo Lume Escénico, da Pontenova, representa a súa obra Cousas de bares este sábado, 7 de maio, ás 20.00 horas no salón de actos da Casa da Cultura de Alfoz. 

A representación trata dun accidente de tráfico no que está implicado un coche fúnebre e nun bar aparece un ataúde cun boleto de lotaría dentro. Esta é unha obra de ritmo trepidante e con xiros inesperados.

Esta actividade está subvencionada a través do Plan Único da Deputación de Lugo.

Etiquetas:
02/05/2022

Continuando coas actividades programadas dende a Concellaría de Servizos Sociais de Alfoz para as persoas maiores, que o pasado 22 de abril acudiron ao obradoiro "Exercicio e ocio saudable na terceira idade" está previsto que as persoas participantes no Programa ActivaMENTE asistan este mes de maio a dúas novas actividades.

A primeira será a Charla sobre prevención e mellora da seguridade das persoas maiores, que terá lugar o 19 de maio ás 10:30 horas e nela abordaranse cuestións como os roubos, estafas, formas de maltrato, riscos no uso de internet e as novas tecnoloxías, etc. Encádrase no marco do Plan Maior de Seguridade da Secretaría do Estado de Seguridade e realízase en colaboración coa Dirección Xeral da Garda Civil. 

A segunda será un Obradoiro de musicoterapia, previsto para o 27 de maio ás 16:30 horas, a...

leer más
29/04/2022

A Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo, de Alfoz, convoca un concurso co gallo do Día das Letras Galegas. O certame terá dúas modalidades: unha de narrativa (relatos curtos) e outra de debuxo.

Na modalidade de narrativa os traballos deberán estar en lingua galega e a temática será libre. A de debuxo terá unha temática libre e as obras deberán estar feitas nunha cartolina tamaño DIN A4. Se ten algún tipo de texto deberá estar en galego.

Haberá catro categorías: ata 5 anos, de 6 a 8 anos, de 9 a 11 anos, e de 12 a 16 anos. E entregaranse premios para os mellores traballos de cada modalidade e categoría.

O prazo de presentación das obras remata o día 20 de maio de 2022. 

Os participantes deberán cubrir unha folla de inscrición para cada traballo que presenten e...

leer más
Etiquetas:
18/04/2022

O Concello de Alfoz, dentro das accións para fomentar o respecto e coidado ao medio ambiente, traballa para reducir os residuos en orixe ademais de xestionalos correctamente.

Desde o Concello sinalan que “acabamos tendo un montón de roupa que deixamos de usar por distintos motivos, podes depositala no contedor de téxtil (situado enfronte do Centro de Saúde) pero tamén podes darlle unha segunda oportunidade”.

E engaden: “aprende a reformala e transformala por completo. Os sábados (7, 14, 21 e 28) de maio, de 17:00h a 20:00h na Casa da Cultura temos un curso gratuÍto para aprender a reciclala. As prazas son limitadas. Información e inscrición: 982 558 001 (EXT 2)”

 

12/04/2022

Un ano máis convócase o concurso de narración e debuxo da Letras Galegas 2022 co tema "O que pasa ao meu arredor". Ata o día 10 de maio poderanse entregar os traballos na Biblioteca Pública de Alfoz, das 3 categorías establecidas: categoría A ata 8 anos, categoría B de 9 a 11 anos e categoría C de 12 a 16 anos. Os premiados na fase local participarán no certame da Biblioteca Pública de Lugo. 

Bases e inscrición: pincha no seguinte enlace para acceder 
https://drive.google.com/.../16kC6wfA6qWOcS.../view...

 

Etiquetas:
11/04/2022

Ás 20:00h no Salón de Actos do Centro Sociocultural de Alfoz do 23 de abril a Asociación Cultural Abrente, das Nogais, presenta a súa comedia "As tres solteironas". 

Esta comedia, ambientada nos anos 50, caricaturiza a ansia de dúas familias por amañar as súas herdanzas pactando casamentos. Cunha trama argumental que se complica por certos intereses económicos, algún namoramento imprevisto, un cura de armas tomar, envexas, malas linguas e ata unha maga e un enxame de abellas...

Financiada co Plan Único da Deputación Provincial: Área de Cultura, Xornadas de teatro 2022

 

Etiquetas:
22/03/2022

O grupo Lume Escénico, da Pontenova, representa “Cousas de bares”. Poderase desfrutar deste obra o próximo domingo, 27 de marzo, ás 20:00 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz.

A representación trata dun accidente de tráfico no que está implicado un coche fúnebre, nun bar aparece un ataúde cun boleto de lotaría dentro. Esta é unha obra de ritmo trepidante e con xiros inesperados. Unha cita fronte ao cemiterio, para un espectáculo… mortal.

Etiquetas:
17/03/2022

Bibiana Candia, autora da novela Azucre, vai estar o luns, 21 de marzo, na Mariña facendo unha dobre visita: na Biblioteca de Alfoz ás 18:00 horas e
na Librería Bahía, de Foz, ás 20:30 horas.

Segundo explica Cielo Fernández “este dobre encontro xurde da colaboración de dous clubs de lectura: o que dende hai xa dous anos está funcionando en Alfoz, promovido polo Concello, e A carón dos libros, o club que puxemos en marcha desde a Librería Bahía de Foz hai un mes”.

Os encontros organizados desde os clubs de lectura son abertos para todo o público.

Azucre é unha novela baseada no episodio histórico que foi a venda por parte dun potentado galego afincado en Cuba, Urbano Feijoo Sotomayor, de preto de 2.000 mozos galegos como escravos para traballar nas plantacións de caña de azucre....

leer más
Etiquetas:
16/03/2022

O Concello de Alfoz organiza para os seus veciños e veciñas cursos gratuítos e en grupos reducidos para aprender a utilizar o móbil. 

Comezarase con cursos de nivel básico e logo de nivel avanzado, todos en 2 sesións de 1 hora e media, o luns e o mércores na Casa da Cultura. Hai 2 horarios para elixir, o primeiro de 17:00h a 18:30h e o segundo de 18:45h a 20:15h. 

As persoas interesadas poden anotarse na Casa do Concello (Oficina de Rexistro) ou chamado ao 982 558 001 (ext.3). Para máis información poden chamar ao 982 558 001 (ext.2 Arantxa).

Tamén van facer un curso para manexarse co certificado dixital, as sedes electrónicas, subvencións, etc. dirixido ás Asociacións e Clubs do Concello. Os interesados deben poñerse en contacto no  982 558 001 ext. 2