Alfoz
O vindeiro sábado, 26 de agosto, estará en Alfoz a Ciencieneta nas piscinas municipais ás 17 horas. Nenos e nenas de todas as idades poderán desfrutar deste proxecto de divulgación científica que conta con obradoiros, música, shows e humor de forma totalmente gratuíta.
A iniciativa está organizada pola Asociación Asíntota xunto ao Concello de Alfoz e conta coa colaboración do Ministerio de Ciencia e Innovación e FECYT.
Para obter máis información as persoas interesadas poden dirixirse á páxina web laciencieneta.com así como as súas redes sociais @cienceando en TikTok e @laciencieneta en Instagram.
O Seminario de Estudos do Valadouro, SEVA, presentará o vindeiro venres, 25 de agosto, ás 20:00 horas no Castelo de Castrodouro un novo caderno, "Ditos e refráns do Valadouro", ilustrados por Xosé Blanco.
Ademais a exposición da súa obra permanecerá na Sala 2 do Castelo ata finais de outubro. Lionel Rexes, autor da recompilación desta mostra da tradición oral da zona do Val do Ouro será o encargado de abrir o acto no que intervirán tamén Xosé Blanco, pintor e deseñador e membros da directiva do SEVA, entidade que desde 2012 traballa para a dinamización cultural de Alfoz e O Valadouro.
O Concello de Alfoz, a través da Delegación de Cultura, colabora nesta proposta cultural, agradecendo a implicación do Seminario de Estudos do Valadouro na súa labor de por en valor e dar a coñecer a gran riqueza cultural,...
leer másO venres, 18 de agosto, terá lugar en Alfoz “O noso teatro”, un encontro teatral de Xesús Pisón e Manuel Lourenzo na Casa de Cultura ás 20.30 horas. O evento componse de diferentes partes que contan coa participación doutras figuras da cultura galega.
Primeiramente, a presentación do acontecemento teatral vai da man de Lionel Rexes. Seguidamente, terán lugar as lecturas dramatizadas dos protagonistas. Por unha banda, “Nai vella”, de Xesús Pisón, estará interpretada por Inma Orol e pola outra “Belicosario”, de Manuel Lourenzo, será exposta polo propio autor xunto a Pepa Lorenzo.
A terceira parte do evento incluirá un relato dos autores no que recorrerán co público os seus comezos no teatro. Finalmente, rematará co participación dos asistentes cun coloquio no que todos poden participar como broche de ouro.
A Área de Xuventude do Concello de Alfoz organiza unha nova edición das Noites de Campamento durante os días 22, 23 e 24 de agosto. Os rapaces de 13 a 17 anos (nados entre 2005 e 2010) poderán desfrutar de tres xornadas de acampada e actividades de forma gratuíta.
O prazo de inscrición está aberto ata o 14 de agosto e poderase facer tanto na Sede Electrónica como na propia Casa do Concello. As prazas son limitadas por motivos de organización.
Desde o Concello explican: “levaranse a cabo todo tipo de actividades como xogos nocturnos, busca do tesouro, tiro con arco ou piscina”. Os organizadores animan a toda a rapazada a participar nesta aventura.
A Asociación Sociocultural Mariña Patrimonio organiza un obradoiro de bateo de ouro na Finca Galea (Alfoz) para o próximo martes 8 de agosto. O obradoiro, dirixido polo recoñecido divulgador da xeoloxía galega Francisco Canosa, organizarase en tres quendas, dende as 16.00 ás 19.00, que se artellarán da seguinte maneira:
- 1ª quenda: de 16 a 17 horas
- 2ª quenda: de 17 a 18 horas
- 3ª quenda: de 18 a 19 horas
O prezo da actividade é de 5€ para os socios da Asociación e 10€ para os non socios, que aboarán a cantidade mencionada no mesmo lugar onde se desenvolverá o obradoiro.
As inscricións están abertas e as persoas interesadas deben enviar un correo electrónico a mr....
leer másDurante a noite do venres 14 e toda a xornada do sábado 15 de xullo celebrarase unha nova entrega do Mercado Medieval de Alfoz. Un ano mais este concello transporta aos seus visitantes e á veciñanza séculos atrás. Todos eles poderán gozar de variadas actividades lúdicas para a ocasión baixo o lema “Entorno e Lenda”.
Instalaranse distintos postos da época entorno á artesanía, alimentación así como obradoiros, espectáculos, actividades teatrais e xogos na rúa. E deixaranse ver persoas caracterizadas como guerreiros, membros eclesiásticos ou das familias máis memorables.
As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse aos teléfonos 982-558-581 e 600-377-152, ao correo electrónico turismoalfoz@gmail.com ou á páxina de Facebook Mercado Medieval de Alfoz...
leer másDesde o pasado 22 de xuño e ata o vindeiro 1 de setembro a Biblioteca Municipal de Alfoz abrirá en horario de mañá, de luns a venres, de 10:00 a 15:00 horas.
Desde o Concello sinala: “lembra que se queres devolver un libro fóra deste horario podes usar o buzón de devolucións do exterior da Casa da Cultura. Comeza o verán...a disfrutar e ler moitos libros!!”.
Un ano máis os máis pequenos de Alfoz teñen o programa de actividades Ludiverán-Xogando en igualdade, que organiza o Concello. É desde o 3 de xullo ata o 25 de agosto de luns a venres laborables para nenos e nenas nados entre 2011 e 2020.
As prazas son limitadas e o prazo de inscrición está aberto ata o 27 de xuño na Oficina de Rexistro do Concello ou a través da Sede Electrónica.
Un ano máis o Festival Internacional de Narración Oral Atlántica estará en Alfoz. No Castelo de Castrodouro como é habitual. As actuacións previstas son:
O sábado día 1 ás 21:00h no Castelo de Castrodouro volve o Festival Atlántica a Alfoz. Pedro Mario López de Cuba presentará "Urdimbres", dirixida a público aduto, de balde, en castelán. Espectáculo que enlaza con humor, ironía e dor historias de profundas resonancias humanas. Contos que narran a vida desde a perspectiva do narrador, conectado coas historias de moitos e moitas que emerxen poeticamente para confrontar a súas voces coa ecoloxía da incerteza; tupidos urdidos entre os que despregan o seus tránsitos o amor, o desarraigamento, a esperanza, o esquecemento ou, dito doutra maneira, a vida en permanente pulso coa morte.
O domingo 2 de xullo, ás 19:00h no...
leer másO salón de actos da Casa da Cultura de Alfoz acollerá o sábado 3 de xuño o acto de entrega de premios do Certame das Letras Galegas da Biblioteca de Alfoz.
Ás 20:30 o grupo Trémola porá en escena a obra Unha nova galaxia. Trátase dunha recreación da vida de Francisco Fernández del Riego a quen se lle dedicou este ano o Día das Letras Galegas. Ao remate procederase á entrega dos Premios de Debuxo e Narrativa das tres categorías da fase local do Certame organizado pola Biblioteca. Os gañadores/as competirán a nivel provincial no concurso da Biblioteca Pública de Lugo.
A actividade está organizada polo Concello de Alfoz coa colaboración da Área de Cultura da Deputación de Lugo.