Alfoz

02/07/2024

Alfoz acolle dous espectáculos do festival de narración oral Atlántica esta semana, o venres 5 e o sábado 6. Ambos serán no Castelo de Castrodouro ás 21:00 horas con entrada gratuíta.

O venres a compañía en Branca e Negra, formada por Amor Herrera e Cris de Caldas, ofrecerá unha proposta para adultos heteroxénea e composta por elementos da narración oral, do teatro e da música en directo; un espectáculo que lles rende homenaxe ás persoas migrantes, ás de antes e ás de agora. Nesta función levaran ao público de viaxe no espazo e no tempo a través de historias de migracións, sabedoras da importancia de non perder a memoria e da riqueza da diversidade cultural. As dúas pensan que rememorando o pasado, entenderase mellor o presente e respectarase o futuro porque hai historias e contos que teñen billetes de ida e de volta, coma a vida mesma....

leer más
Etiquetas:
29/06/2024

Coa chegada do verán é tempo de gozar das piscinas. A municipal de Alfoz estará aberta do 1 de xullo ao 31 de agosto en horario de doce da mañá a oito da tarde. 

A entrada é libre a gratuíta. 

 

Etiquetas:
25/06/2024

A parroquia de Mor, no concello de Alfoz, celebrará as festas na honra de San Pedro os días 29 e 30 de xuño, sábado e domingo.

As actividades comezarán o sábado ás 13:00 con misa solemne seguida de procesión. A continuación haberá sesión vermú a cargo do grupo Kalima 3.0, que tamén actuará na verbena, xunto co dúo Belinda.

E o domingo celebrarase misa solemne ás 13:00 horas e despois haberá sesión vermú co dúo Belinda.

Estas festas están organizadas pola asociación veciñal de Mor coa colaboración do Concello de Alfoz.

 

19/06/2024

Coa finalidade de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral durante os meses de verán, o Concello de Alfoz amplía o horario de atención a nenas e nenos no programa Ludiverán. A partir do 1 de xullo ata o 30 de agosto, as familias poderán deixar aos seus fillos e fillas ás 9:00 ou ás 10:00 horas, segundo lles resulte máis conveniente, e poderán recollelos ás 13:30 ou ás 14:00 horas, adaptándose así ás necesidades específicas de cada unidade familiar. O resto de información pódese atopar nas bases de participación, anuncia a Delegación de Educación, Igualdade e Participación do Concello de Alfoz.

“Esta ampliación horaria permitirá ofrecer unha maior flexibilidade ás familias, garantindo que os nenos e nenas poidan gozar dun verán divertido e educativo mentres os pais e nais compaxinan as súas responsabilidades laborais e persoais...

leer más
19/06/2024

En Alfoz disputarase o primeiro Torneo de Pádel esta semana, do xoves 20 ao domingo 23 de xuño. Será na pista de pádel e haberá dúas categorías: local e open.

O prezo das inscricións é de 20 euros por persoa e son limitadas. O prazo para anotarse remata este mércores, 19 de xuño.

Está organizado pola comparsa os Fandangueiros, de Alfoz e O Valadouro, que destaca que haberá vestiarios con duchas para os participantes e servizo de barra con pinchos de balde para todos os asistentes.

Etiquetas:
15/06/2024

A Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo e a Asociación Veciñal de Mor celebran o San Xoán en Alfoz, concretamente no atrio de San Pedro, cunha sardiñada o venres 21 de xuño a partir das 22:00 horas.

Haberá sardiñas, pan, empanadas de bonito e de panceta, viño e auga. Para participar hai que reservar previamente e a data límite para anotarse é o mércores 19 de xuño.

 

12/06/2024

A parroquia de Carballido, no municipio de Alfoz, celebra a súa tradicional Feira do Trece este sábado, 15 de xuño

A organización explica que “este ano a feira de gando estará condicionada polas restricións pola lingua azul, e non poderemos contar con gando vacún, ovino e caprino. En cambio está a subir o número de gandeiros que reservan curro para gando cabalar. Serán premiados os 4 gandeiros que máis número de cabezas aporten á feira, ademais dos 2 mellores cabalos ou bestas de montura e tamén de tiro. Contaremos con aproximadamente medio cento de postos de mercado, nos que poderemos atopar de todo tipo de produtos, incluído o estrela desta feira antigamente: as cereixas.

Tamén anuncia que “haberá proba de andadura puntuable para o campionato da Federación Hípica Galega, na que contaremos con máis dun cento dos...

leer más
Etiquetas:
04/06/2024

A parroquia de Bacoi, no concello de Alfoz, celebrará a súa festa na honra de San Antonio este domingo, día 9 de xuño.

As actividades empezarán ás 13:00 horas con misa solemne e despois haberá procesión e sesión vermú amenizada polo dúo Epo-K. A continuación haberá unha comida veciñal, que se desenvolverá baixo unha carpa instalada no adro da igrexa. E a partir das 18:00 horas volverá a música do dúo Epo-K.

Esta festa está organizada pola Asociación de Veciños de Bacoi coa colaboración do Concello de Alfoz.

Etiquetas:
03/06/2024

O Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros, presenta en Alfoz a súa obra de teatro "O traballo de Andrea", un texto orixinal de Ignasi García Barba adaptado e traducido por Ramón Casas Oroza. Será este sábado, 8 de xuño do 2024, ás 20:30 horas na Casa da Cultura.

O Concello de Alfoz explica que “O traballo de Andrea” é unha obra sobre o papel que xoga a xente nova na preservación da Memoria Histórica da Guerra Civil e a posguerra. Andrea é unha moza que está preparando a súa tese de doutoramento. Para iso decidiu facer un traballo de investigación sobre o destino que correron os exiliados da súa vila ao final da Guerra Civil. A súa intención é reunir as súas vivencias e propor ás autoridades que lles fagan algún tipo de homenaxe. “O traballo de Andrea” é un drama. O drama no que se ve metida unha rapaza que o único que busca e descubrir a verdade. O drama...

leer más
30/05/2024

Para promocionar o patrimonio artístico da zona o Concello de Alfoz convida a participar no I Xogo Turístico de Alfoz en instagram, do 30 de maio ao 16 de xuño de 2024.

“A participación é ben sinxela. Para elo, teredes que seguir a @turismoalfoz, deixar un comentario nesta publicación cunha palabra que represente o turismo de Alfoz e subir unha foto ao instagram co Castelo do Castrodouro, mencionando a @turismoalfoz. Se segues todos estes pasos tes premio asegurado (ata fin de existencias).Para recollelo deberedes pasar no horario de apertura da Oficina de Información Turística”, explica o Concello de Alfoz.

Ante calquera dúbida sobre este xogo as persoas interesadas poden poñerse en contacto coa Oficina de Turismo de Alfoz, no número de teléfono 982.558.578.

.