Alfoz

Etiquetas:
08/10/2022

Desde o Concello de Alfoz explican que “un ano máis imos celebrar o Día da Biblioteca. Será o sábado 22 de outubro de 17:30 a 19:30 horas na Biblioteca Municipal de Alfoz. Teremos un obradoiro titulado Animais de conto, dirixido a nenas e nenos de 3 a 12 anos. As prazas son limitadas”. 

E engaden que “as inscricións deberán entregarse na Oficina de Rexistro do Concello ou por Sede Electrónica ata o 17 de outubro. As prazas dispoñibles cubriranse por rigorosa orde de rexistro. A actividade é gratuíta e está incluída no Plan Único da Deputación de Lugo, na Área de Cultura. Máis información 982 558 001 (ext.2)”.

 

Etiquetas:
04/10/2022

Impartida polo Centro Agroforestal de Riós (Ourense) en colaboración coa Consellería de Medio Rural e a Axencia Galega da Calidade Alimentaria terá lugar unha xornada formativa sobre a plantación de castiñeiros o venres 14 de outubro de 10:00 a 14:00 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz.
 
É unha actividade gratuíta, dirixida a persoas en activo interesadas na xestión forestal. É necesaria inscrición previa e o modelo para apuntarse está dispoñible na web municipal www.concellodealfoz.com, sección noticias, e tamén nas Oficinas de Rexistro do Concello de Alfoz. Unha vez cuberta debe enviarse por correo electrónico a: centroagroforestal@concelloderios.gal

Trataranse entre outros temas a época de plantación, a...

leer más
Etiquetas:
26/09/2022

Trátase dunha actividade gratuíta con desprazamento incluído en bus desde a Casa do Concello ata a Escola do Chao (O Pereiro) para a parte teórica e Pena Abaladoira para a parte práctica. Está organizada pola RRBB Terras do Miño-Deputación de Lugo e polo Concello de Alfoz. E será impartida por José Castro da Sociedade Micolóxica Lucus.
As prazas limitadas e as inscricións poden realizarse ata o 4 de outubro no Concello ou no Tfno. 982558001 (ext.3).

PROGRAMA PREVISTO:
Parte teórica (presentación audiovisual. Duración aproximada: 1 h. 30 min.) Xeneralidades dos fungos: natureza., reprodución, nutrición, clasificación, cultivo, identificación de cogomelos, falsas regras de comestibilidade, características de identificación dos cogomelos máis salientables do noso entorno e as súas confusións.
Parte práctica (saída ao campo...

leer más
Etiquetas:
15/09/2022

A I Carreira Popular Alfoz-Valadouro terá lugar o 9 de outubro con saída no Castelo de Castrodouro de Alfoz e remate no Pavillón Municipal de Ferreira do Valadouro.

Organizada a través dun convenio ente ambos municipios, sendo o Concello de Alfoz o organizador principal en 2022 e alternándose en anos sucesivos, contando coa total coordinación e colaboración das respectivas Concellarías de Deportes e os seus responsables Eliseo Teijeiro no Valadouro e César Marrube en Alfoz.

Destacamos  ademais a colaboración de Manuel Otero , Xefe do Servizo de Deportes de Lugo da Xunta de Galicia, para a realización deste evento deportivo  quen acudiu á presentación da I Carreira Popular Alfoz-Valadouro 2022

Desde o Concello “agradecemos tamén a Manuel Eiras, responsable da Run Foz Run a súa axuda e...

leer más
Etiquetas:
13/09/2022

Dentro da programación cultural do Concello de Alfoz, setembro é o Mes da Música e este sábado, día 17, poderase gozar da agrupación Sons de Celeiro ás 20:30 horas no Pavillón Municipal.

Sons de Celeiro está formada por unha vintena de voces mixtas, acompañadas de guitarra, teclados e harmónica, dirixidas por Daniel Fernández Caxete e Antón Docampo. Fados, boleros, habaneras, cancións de toda a vida e outras compostas por Daniel Fernández Caxete forman o repertorio desta agrupación musical da Mariña.

Etiquetas:
12/09/2022

O Concello de Alfoz abre o vindeiro luns, 19 de setembro, o prazo de inscrición para participar en actividades deportivas para adultos, concretamente nas modalidades de aerobic, ximnasia de mantemento e ioga. As solicitudes deben entregarse na Oficina de Rexistro do Concello ata o 26 de setembro. As prazas son limitadas e por rigorosa orde de entrada en rexistro. As actividades comezarán no mes de outubro e rematarán a finais de maio. 

A ximnasia de mantemento será luns e mércores de 18:30 a 19:30 horas no pavillón municipal. O ioga desenvolverase na Escola de Nenos de Adelán e haberá dous grupos: un os martes e xoves e de 17:00 a 18:00 horas; e o outro os luns de 17:00 a 18:00 horas. E o aeróbic será no pavillón municipal os luns e mércores de 19:30 a 20:30 horas.

Os interesados en máis información poden chamar...

leer más
Etiquetas:
05/09/2022

O vindeiro 10 de setembro Alfoz acollerá a presentación do libro “Las jarras del trotamundos”, de Javier Mariño Chao. Será ás 20:00 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz.

“Las jarras del trotamundos” é unha historia de intriga, de amor polos viaxes e de perseguir soños imposibles. Nel o protagonista, Alberto Mouriño, conseguira o seu soño imposible, viaxar por tódolos países do mundo. Pero esa alegría vese empañada por recordos do pasado, que o levarán a realizar a viaxe máis importante da súa vida.

 

Etiquetas:
02/09/2022

Desde hoxe, 2 de setembro, o Castelo de Castrodouro de Alfoz, onde se ubica a Oficina de Información Turística, abrirá venres, sábados e domingos en horario de mañá de 11:00h a 14:00h e de tarde de 17:00h a 20:00h ata o día 2 de outubro.

No interior do Castelo, símbolo do Concello de Alfoz, pódese disfrutar de varias exposicións: Antigas Escolas, Pintura de Hipólito Xeada e II Concurso de Fotografía "Alfoz en primavera" e sen dúbida, das magníficas vistas desde a súa azotea desde a que se abarca todo o val. 

O entorno do Castelo de Castrodouro, xunto á Igrexa de San Salvador do Castro conta cunha área recreativa ideal para disfrutar coa familia e amigos. É, sen dúbida, unha visita máis que recomendable. 

Etiquetas:
01/09/2022

O Concello de Alfoz nomea setembro coma o mes da música e celebrarano con actuacións de varios grupos musicais, que serán todas ás 20:30 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura.

O sábado 3 actuará Mar Aberto. O seguinte grupo será Sons de Celeiro o sábado 17. E por último o venres, 23 de setembro, actuará Toxo Guayaba.

A entrada é libre e de balde, para poder disfrutar do bo facer e da calidade musical destas tres formacións da Mariña e ofrecer un repertorio variado para todos os públicos.

 

Etiquetas:
31/08/2022
O día 8 de setembro chega ás librarías A montaña do poeta, a novela do alfocés Lionel Rexes, galardoada no Grove co Premio “Lueiro Rey” de Novela en decembro de 2021.
 
Publicada por Xerais, esta obra ambiéntase en escenarios tanto rurais coma urbanos, desenvolvendo a súa trama principal nun lugar imaxinario chamado Lagoa, unha poboación onde o desequilibrio demográfico irá favorecendo curiosas relacións sociais.
 
O argumento, emparentado co thriller de conspiración, parte dun suceso do pasado para instalarse na actualidade e desenvolver unha acción de alta intensidade.
 
É pouco coñecido o vínculo do escritor Antonio Noriega Varela, alcumado popularmente como “O poeta da montaña”,...
leer más