Alfoz

Etiquetas:
30/08/2022

As Escolas Deportivas Municipais do Concello de Alfoz abriron o prazo para a inscrición en fútbol campo e fútbol sala. As inscricións deberán facerse na Oficina de Rexistro do Concello, do 29 de agosto ao 2 de setembro.

Será para nenos/as de 4 a 16 anos, e contan coas categorías de: cadete, infantil, alevín, benxamín, prebenxamín e biberón. A actividade comeza o 5 de setembro e rematará a finais de xuño. Os horarios poden consultarse na seguinte ficha de inscrición https://drive.google.com/file/d/13d-VeQFNtT300kawRH9r39ZWT9ZcymV1/view. 

Ademais de fútbol, as Escolas Deportivas Municipais de Alfoz tamén farán patinaxe. O prazo de inscrición abrirá a mediados de setembro, e a actividade será de outubro a maio, tamén para nenos/as...

leer más
Etiquetas:
28/07/2022

O castelo de Castro de Ouro, o emblema do Concello de Alfoz, está aberto de martes a domingo en horario de 11:00 a 14:00 horas polas mañás e de 17:00 a 20:00 horas polas tardes.

A entrada é de balde tanto para visitar as diferentes exposicións coma para ver o val dende a perspectiva que nos ofrece o alto da fortaleza. Ademais, a Oficina de Información Turística encontrase situada neste castelo, polo que o persoal pode informar sobre os distintos recursos de Alfoz e da comarca da Mariña. Contan tamén con audioguías, sen custo, para facer máis amena e interesante a visita e coñecer a historia do Mariscal Pardo de Cela.

Para calquera consulta, chamar ao teléfono 982 558 578.

Etiquetas:
06/07/2022

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, presentou este mércores no Pazo de San Marcos a 22 edición do Mercado Medieval de Alfoz, que se celebra os días 15 e 16 de xullo coa colaboración da Deputación de Lugo. García Porto estivo acompañada durante o acto polo Alcalde, Jorge Val Díaz, e polo Concelleiro de Medio Ambiente e Medio Rural, Cándido PaleoRejes.  

A Deputada enmarcou o apoio a esta cita coa historia na clara aposta da institución provincial polo turismo de experiencias e de proximidade. “Trátase dun modelo que pon en valor o noso patrimonio, como neste caso, que  favorece o equilibrio territorial e que actúa como factor de desenvolvemento do rural. E para conseguir isto traballamos da man cos concellos da provincia, colaborando con diferentes accións e medidas para impulsar o noso...

leer más
Etiquetas:
05/07/2022

A Área de Igualdade do Concello de Alfoz organiza un campamento nocturno os días 19, 20 e 21 de xullo para rapazas e rapaces nados entre 2004 e 2009. É de balde e os participantes, que poderán gozar de actividades como kaiaks, tiro con arco, multideporte, xogos nocturnos, "contos de medo" a redor da fogata, busca do tesouro, piscina e moito máis.

As prazas son limitadas e as inscrición poden facerse a partir do 4 de xullo na Casa do Concello ou na sede electrónica municipal.

Os interesados en obter máis información poden chamar ao teléfono 982.558.001 (extensión 2).

Etiquetas:
03/07/2022

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, presentou no paseo do Río Rato o programa de Actividades Fluviais que a institución provincial ofrecerá de maneira gratuíta en 10 concellos da provincia dende o vindeiro sábado, 2 de xullo, ata o 15 de agosto. No acto tamén participou o Deputado de Promoción Económica e Social, PabloRivera Capón, xunto a alcaldes, alcaldesas e representantes municipais das localidades nas que terán lugar estas propostas de lecer. 

A programación, que chega á súa terceira edición, está dirixida a un público familiar, podendo anotarse maiores de 6 anos de idade no propio lugar da actividade ou a través do teléfono 636.504.155. Entre as actividades ofertadas, os participantes poden realizar kaiak, paddle surf ou inchables, ademais doutros xogos nas contornas fluviais. 

Os 10...

leer más
Etiquetas:
28/06/2022

A piscina municipal de Alfoz estará aberta do 1 de xullo ao 31 de agosto. Será de luns a domingo de xeito ininterrompido de 12:00 a 20:00 horas. Segundo informan desde o Concello de Alfoz a entrada será libre e gratuíta. 

Etiquetas:
20/06/2022

Alfoz participa un ano máis en Atlántica Festival Internacional de Narración Oral os días 2 e 9 de xullo.  É un dos 24 municipios nos que terán lugar actuacións do festival, un dos máis importantes da Península Ibérica, que leva unha década reunindo a todo tipo de públicos diante dunha tradición galega e, ao mesmo tempo tan internacional, coma os contos.

As actuacións serán no exterior do Castelo de Castro de Ouro, ás 20:30 horas, con acceso libre, gratuíto e dirixidas a público adulto.

O 2 de xullo: Santi Prego e Jorge de Arcos presentan “O teatro máis pequeno do mundo”.
Santi Prego  é actor de teatro, cine e TV, titiriteiro e narrador oral a quen todos coñecemos polo seu traballo en series como Néboa, O sabor das margaridas, Rapa, etc. Comezou a contar a mediados dos anos '90 en institutos e as súas...

leer más
Etiquetas:
19/06/2022

O sábado, 25 de xuño, no Salón de Actos da Casa da Cultura, ás 20:30 horas o mago Pedro Bugarín presenta o seu espectáculo para todos os públicos "Galicia ilusiona coa maxia", que forma parte do programa Ler conta Moito, da Xunta de Galicia.

O ilusionista galego Pedro Bugarín leva máis de 10 anos dedicándose ao mundo da maxia.

Os seus espectáculos caracterízanse polo bo humor, a sorpresa e a interacción co público.

O renovado show que presenta axunta a maxia tradicional coas novas tecnoloxías. 

02/06/2022

O Concello de Alfoz anuncia: “un ano máis imos organizar actividades para nenas e nenos nados entre 2010 e 2019. Serán desde o 4 de xullo ata o 26 de agosto repartidas en 4 quendas das que se poden elixir unha, varias ou todas para vir de luns a venres (laborables) de 10:00 a 13:00 horas ao CEIP Castro de Ouro. É una iniciativa de balde, subvencionada polo Concello de Alfoz e pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, o Ministerio de Igualdade e a Unión Europea. Deporte, xogos, experimentos, medio ambiente, piscina,... sempre para fomentar a igualdade”.

Haberá unha reunión Informativa o 15 de xuño ás 20:00 horas no Salón de Actos de Cultura. E o prazo de inscricións é do 17 ao 24 de xuño.

As bases de participación están publicadas en www.concellodealfoz.com...

leer más
Etiquetas:
26/05/2022

A asociación cultural xuvenil O Castelo organiza as festas do San Xoán en Alfoz na noite do 23 de xuño.

A partir das 21:00 horas, no campo da festa de San Pedro de Mor, comezará a cea composta por sardiñas, touciño, chourizo e pan. Os prezos serán populares e de balde para os socios.

A festa estará amenizada por Discoteca Móbil Pisando Pista.

Colaboran na organización deste evento: Concello de Alfoz, Deputación de Lugo e Xunta de Galicia.