Alfoz celebrará o primeiro Día da Veciñanza o 12 de maio

Alfoz celebrará a primeira edición do Día da Veciñanza o 12 de maio, domingo. Está organizado por asociacións parroquiais do municipio e pola Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo.

Será no pavillón polideportivo e as actividades comezarán ás 13:00 horas cunha sesión vermú, haberá comida a partir das 14:00 horas e despois baile e sorteos. A música correrá a cargo do dúo Explosión.

Para asistir a este evento hai que mercar os tickets, que estarán á venda ata o 6 de maio. 

Os organizadores anuncian que será “un día para compartir un bo momento con amigos e veciños”.