O club focego Os Correcamiños 4x4 organiza un campionato de supercross en Alfoz o 14 de abril

O club focego Os Correcamiños 4x4 organiza o campionato de supercross Memorial José María Michelena que se disputará en Alfoz o 14 de abril, domingo.

Esta proba será válida para o Trofeo Galego de Supercross e para o campionato asturiano deste deporte.

O prezo da entrada é de 5 euros, pero os nenos e nenas poderán acceder gratis.