Alfoz
En Alfoz disputarase o primeiro Torneo de Pádel esta semana, do xoves 20 ao domingo 23 de xuño. Será na pista de pádel e haberá dúas categorías: local e open.
O prezo das inscricións é de 20 euros por persoa e son limitadas. O prazo para anotarse remata este mércores, 19 de xuño.
Está organizado pola comparsa os Fandangueiros, de Alfoz e O Valadouro, que destaca que haberá vestiarios con duchas para os participantes e servizo de barra con pinchos de balde para todos os asistentes.
A Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo e a Asociación Veciñal de Mor celebran o San Xoán en Alfoz, concretamente no atrio de San Pedro, cunha sardiñada o venres 21 de xuño a partir das 22:00 horas.
Haberá sardiñas, pan, empanadas de bonito e de panceta, viño e auga. Para participar hai que reservar previamente e a data límite para anotarse é o mércores 19 de xuño.
A parroquia de Carballido, no municipio de Alfoz, celebra a súa tradicional Feira do Trece este sábado, 15 de xuño
A organización explica que “este ano a feira de gando estará condicionada polas restricións pola lingua azul, e non poderemos contar con gando vacún, ovino e caprino. En cambio está a subir o número de gandeiros que reservan curro para gando cabalar. Serán premiados os 4 gandeiros que máis número de cabezas aporten á feira, ademais dos 2 mellores cabalos ou bestas de montura e tamén de tiro. Contaremos con aproximadamente medio cento de postos de mercado, nos que poderemos atopar de todo tipo de produtos, incluído o estrela desta feira antigamente: as cereixas.
Tamén anuncia que “haberá proba de andadura puntuable para o campionato da Federación Hípica Galega, na que contaremos con máis dun cento dos...
leer másA parroquia de Bacoi, no concello de Alfoz, celebrará a súa festa na honra de San Antonio este domingo, día 9 de xuño.
As actividades empezarán ás 13:00 horas con misa solemne e despois haberá procesión e sesión vermú amenizada polo dúo Epo-K. A continuación haberá unha comida veciñal, que se desenvolverá baixo unha carpa instalada no adro da igrexa. E a partir das 18:00 horas volverá a música do dúo Epo-K.
Esta festa está organizada pola Asociación de Veciños de Bacoi coa colaboración do Concello de Alfoz.
O Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros, presenta en Alfoz a súa obra de teatro "O traballo de Andrea", un texto orixinal de Ignasi García Barba adaptado e traducido por Ramón Casas Oroza. Será este sábado, 8 de xuño do 2024, ás 20:30 horas na Casa da Cultura.
O Concello de Alfoz explica que “O traballo de Andrea” é unha obra sobre o papel que xoga a xente nova na preservación da Memoria Histórica da Guerra Civil e a posguerra. Andrea é unha moza que está preparando a súa tese de doutoramento. Para iso decidiu facer un traballo de investigación sobre o destino que correron os exiliados da súa vila ao final da Guerra Civil. A súa intención é reunir as súas vivencias e propor ás autoridades que lles fagan algún tipo de homenaxe. “O traballo de Andrea” é un drama. O drama no que se ve metida unha rapaza que o único que busca e descubrir a verdade. O drama...
leer másPara promocionar o patrimonio artístico da zona o Concello de Alfoz convida a participar no I Xogo Turístico de Alfoz en instagram, do 30 de maio ao 16 de xuño de 2024.
“A participación é ben sinxela. Para elo, teredes que seguir a @turismoalfoz, deixar un comentario nesta publicación cunha palabra que represente o turismo de Alfoz e subir unha foto ao instagram co Castelo do Castrodouro, mencionando a @turismoalfoz. Se segues todos estes pasos tes premio asegurado (ata fin de existencias).Para recollelo deberedes pasar no horario de apertura da Oficina de Información Turística”, explica o Concello de Alfoz.
Ante calquera dúbida sobre este xogo as persoas interesadas poden poñerse en contacto coa Oficina de Turismo de Alfoz, no número de teléfono 982.558.578.
.
O próximo 25 de maio, sábado, chega a Alfoz o Centro Dramático Galego para celebrar o seu 40 aniversario cunha programación especial que está a levar a xira por 100 concellos de Galicia. Esta representación está programada para as 18:00 horas no aparcadoiro da piscina municipal, pero en caso de choiva trasladarase ao pavillón polideportivo.
O Centro Dramático Galego presentará o texto de Roi Vidal “De Vilatriste a Vilalegre”, a bordo do Furgón Utópico. Trátase dunha creación de pequeno formato baixo a dirección artística de Teatro o Cubo.
Os partidos disputaranse no Campo Municipal de Alfoz e no Campo Municipal de O Árbol (Valadouro), onde se poderá desfrutar dunha competición que se iniciará as 10 da mañá e rematará ás 21 horas.
Disputaranse un total de 28 partidos entre os 18 equipos en competición, que tratarán de alcanzar unha das catro prazas que dan acceso á fase final.
Os concelleiros de deportes de Alfoz e Valadouro, Eliseo Lorenzo e Eliseo Teijeiro; a directiva do AD Río Ouro presidida por Manolo Novo e contando coa colaboración do CD Alfoz coinciden en que “celebrar este evento deportivo para os nenos e nenas da comarca é unha experiencia enriquecedora. Esta celebración contribúe a fortalecer os lazos comunitarios, o deporte e promove a hostalaría e o turismo dos dous concellos”.
A Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo, de Alfoz, convoca un certame de narrativa e debuxo co gallo do Día das Letras Galegas. O concurso terá dúas modalidades, unha de narrativa (relatos curtos) e outra de debuxo.
Haberá catro categorías: A, ata 5 anos; B, de 6 a 8 anos; C, de 9 a 11 anos; e D, de 12 a 16 anos e recibirán premios os autores dos mellores traballos de cada modalidade e categoría.
O prazo de presentación dos traballos remata o día 16 de maio de 2024. Os participantes deberán cubrir unha folla de inscrición para cada obra que presenten e entregar os traballos, xunto coa folla grampada na parte de atrás deste, na biblioteca da Casa da Cultura de Alfoz ou escaneados mediante o correo electrónico asociacion.ocastelo@gmail.com co asunto “Concurso...
leer másO Concello de Alfoz organiza un obradoiro sobre educación emocional e técnicas de relaxación, que se realizará o día 24 de maio, venres, ás 10:30 horas no Centro Sociocultural.
Durante a sesión, que será impartida por Ana Belén Vieito Agra, pedagoga e guía Montessori, abordarase a importancia de identificar cales son as fontes de estrés así como os síntomas e efectos do estrés e a ansiedade na nosa vida diaria. Tamén se darán a coñecer estratexias que permitan lograr unha adaptación óptima a calquera situación de cambio e/ou transición vital, como por exemplo unha enfermidade, dolo, rupturas familiares, etcétera. E na última parte da sesión practicaranse técnicas de relaxación, meditación e concentración.
A inscrición permanecerá aberta ata o día 22 de maio e as persoas interesadas en participar poden inscribirse...
leer más