Leti da Taberna presentará o seu monólogo “Enredada” este sábado, 11 de outubro, en Alfoz

A monologuista Leti da Taberna presentará o seu espectáculo titulado Enredada na Casa da Cultura de Alfoz este sábado, día 11 de outubro, ás 20:30 horas.

“O vindeiro sábado 11 de outubro temos unha cita coa risa da man de Leti da Taberna e o seu monólogo Enredada, un espectáculo cheo de retranca e moi bo rolo. Entrada de balde!”, anuncia o Concello de Alfoz.