Alfoz terá este sábado, 25 de outubro, obradoiros e xogos infantís na biblioteca municipal e cine na Casa da Cultura

O Concello de Alfoz organiza para este sábado, día 25 de outubro, obradoiros e xogos na biblioteca municipal e cine na Casa da Cultura.

A biblioteca municipal acollerá unha tarde “chea de diversión e aprendizaxe”. De 17:00 a 20:00 horas haberá obradoiros e xogos para nenos e nenas ata 12 anos, actividade que é de balde e sen inscrición previa. “Unha xornada para descubrir o pracer da lectura e celebrar o papel das bibliotecas como espazos de encontro, cultura e imaxinación”, explica o Concello de Alfoz.

Ademais ás 20:00 horas na Casa da Cultura terá lugar a proxección da película Antes de nós, unha iniciativa da área de Cultura do Concello de Alfoz dentro da programación para celebrar o Día das Bibliotecas. “Unha sesión de cinema con entrada libre que inclúe mensaxes informativos e de sensibilización da Asociación Española contra o Cancro. Non perdas esta oportunidade de desfrutar do mellor cine en Alfoz”, anuncia o Concello.