Alfoz

19/03/2025

O Concello de Alfoz pon en marcha un Campamento Dixital dirixido a nenas e nenos nados entre os anos 2011 e 2016, co obxectivo de favorecer a conciliación familiar. Esta actividade desenvolverase durante a Semana Santa, os días 14, 15 e 16 de abril, de 10:00 a 14:00 horas na aula OMIX da Casa da Cultura de Alfoz.

Os participantes deberán levar o seu propio dispositivo electrónico, xa sexa ordenador ou tableta, para poder realizar as actividades programadas. A iniciativa está organizada polo Concello de Alfoz en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, dentro do Programa de Competencias Dixitais para a Infancia (CODI), impulsado polo Ministerio de Xuventude e Infancia e financiado polos Fondos Next Generation da Unión Europea.

As inscricións permanecerán abertas desde este mércores, 19 de marzo, ata o 26 de...

leer más
08/03/2025

O grupo de teatro O Centiño, de San Martiño (Foz), representará a obra Trepa, Tripa e Tropa na Casa da Cultura de Alfoz o día 15 de marzo, sábado, ás 20:00 horas.

 “Unha comedia divertida para todos os públicos que nos fará reflexionar sobre os defectos humanos e o que realmente significa conquistar a vida. Un espectáculo máxico e cheo de aprendizaxes!”, anuncia o Concello de Alfoz.

Etiquetas:
07/03/2025

Con motivo do Día Internacional da Muller, VIA Alfoz organiza, un ano máis, a súa tradicional ofrenda floral. Un acto aberto á participación de toda a cidadanía, no que se quere render homenaxe ás mulleres de onte e de hoxe, así como reivindicar a necesidade de seguir avanzando cara a unha sociedade máis xusta e igualitaria.

O acto terá lugar ás 12:00 horas no entorno do Castelo de Castrodouro. 

Unha vez mais, como símbolo desta loita constante, depositaranse doce caraveis brancos, un por cada mes do ano, lembrando que a igualdade debe ser un compromiso continuo, non só unha reivindicación dun día. O branco destas flores representa a paz, un recordatorio de que a igualdade non debería ser unha batalla, senón unha realidade compartida por toda a sociedade.

Durante a ofrenda, reflexionarase...

leer más
06/03/2025

O Concello de Alfoz organiza un obradoiro teórico práctico de psicomotricidade e de recuperación da memoria para persoas maiores. Será o venres 4 de abril ás 10:30 horas no Centro Sociocultural de Alfoz. Para participar hai que inscribirse ata o 31 de marzo no Concello de Alfoz ou a través do teléfono 982.55.80.01.

“Un espazo para aprender, compartir e, sobre todo, coidarnos! Contaremos coa colaboración da Escola Galega de Saúde e a psicóloga Jenifer Souto Pérez, especialista no coidado da saúde física e mental. Anímate a participar! Será un encontro enriquecedor para estimular a memoria, mellorar o movemento e, sobre todo, pasar un bo momento en boa compañía”, explica o Concello de Alfoz.

05/03/2025

Baixo o lema Libres e iguais: cada día máis fortes, O Concello de Alfoz anuncia as actividades programadas para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller: “como mostra de apoio e recoñecemento á loita das mulleres pola igualdade, a Casa do Concello tinguirase de violeta durante esta xornada.

Ademais, dentro do compromiso do Concello coa visibilización do papel fundamental das mulleres na nosa sociedade, publicarase a segunda edición de Mulleres de Alfoz. Esta iniciativa, que tivo boa acollida na súa primeira edición, recolle a traxectoria de mulleres do noso municipio, destacando as súa vidas de esforzo, superación e traballo. Nesta nova edición contarase coa representación dunha muller de cada parroquia, sumando un total de nove protagonistas. Todas elas comparten historias de vida marcadas pola dedicación e...

leer más
22/02/2025

O Concello de Alfoz, en colaboración coa Escola Galega de Saúde, organiza unha charla informativa titulada Recomendacións ante unha consulta médica. Será o día 28 de febreiro, venres, ás 10:30 horas no Centro Sociocultural de Alfoz.

Para asistir hai que inscribirse ata o 24 de febreiro na Casa do Concello de Alfoz ou no teléfono 982.558.001.

Etiquetas:
20/02/2025

Afundación, ABANCA y el Concello de Alfoz han firmado un convenio de colaboración para la realización de la exposición de fotografías Fauna esencial. El acto de firma contó con la presencia de la alcaldesa del Concello de Alfoz, Efigenia Maseda; el coordinador institucional de ABANCA en Lugo, Carlos Teijeiro; y la coordinadora institucional de Afundación en Ourense y Lugo, Beatriz Fernández-Anguiano. Fauna esencial se inaugurará el día 27 de este mes, jueves, en el Castelo de Castrodouro, donde se podrá visitar los jueves, viernes y sábados en horario de 15.30 a 18.30 y los domingos de 10.30 a 14.00 y de 15.30 a 18.30 horas.

Esta colaboración forma parte del proyecto Corriente cultural, que considera el arte como un instrumento imprescindible para fomentar el conocimiento y el desarrollo colectivo. Gracias a este...

leer más
Etiquetas:
08/02/2025

A Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo organiza o desfile de Entroido en Alfoz para o luns 3 de marzo ás 21:00 horas no pavillón municipal. Entregarán premios aos mellores disfraces

“O luns 3 de marzo tedes unha cita no pavillón de Alfoz. Ás 19:30 horas será a apertura de inscricións e ás 21:00 horas o gran desfile. Contaremos coa música de Discomóvil Eventec e con bocadillos quentes”, anuncian os organizadores.

Etiquetas:
23/01/2025

O Castelo de Castrodouro, en Alfoz, acolle a exposición itinerante titulada Á violencia de xénero dille... Non!. Estará aberta ata o día 14 de febreiro e pode visitarse neste horario: de xoves a domingo, de 15:00 a 18:30; e os domingos, de 10:30 - 14:00 horas.

Esta actividade enmárcase no programa do Concello de Alfoz contra a violencia de xénero.

Etiquetas:
13/01/2025

A parroquia de Lagoa, no concello de Alfoz, celebrará as festas na honra a San Vicente os días 25 e 26 de xaneiro, sábado e domingo.

As actividades empezarán o sábado ás 21:00 horas coa Festa dos Callos. A organización anuncia que “haberá mesas e bancos e queimada popular gratuíta. A festa verbena estará amenizada pola orquestra Finisterre.

E o domingo ás 13:00 horas celebrarase misa e procesión, seguida de sesión vermú co grupo Lume.

O recinto estará cuberto con carpa e terá calefacción.