Mor, en Alfoz, celebrará as festas de San Pedro os días 27 e 28 de xuño

A parroquia de Mor, no municipio de Alfoz, celebrará as festas de San Pedro os días 27 e 28 de xuño, sábado e domingo.

Están organizadas pola Asociación Veciñal del Mor, que anuncia: “o sábado 27 celebramos a nosa xa tradicional paella xigante. 15 euros para non socios e gratis para os socios. Reservas antes do 25 de xuño no 654.99.68.57. Despois festa asegurada con Tania Veiras y los Cumbiapop e Dj Breobeats. E o domingo 28, misa e sesión vermú con Xilo e Carlos. Contaremos con carpa para desfrutar da festa pase o que pase”.