Pascua con Gaia
O Concello de Burela presenta unha nova edición de Pascua con Gaia, un programa de actividades para a infancia e as familias que se desenvolverá os días 31 de marzo e 1 de abril en distintos espazos do municipio.
O martes 31 de marzo ás 11:30 horas no Parque Rosalía de Castro terá lugar unha busca de ovos de Pascua, “pensada para a cativada e que promove o xogo ao aire libre e o contacto coa contorna natural”.
O mércores 1 de abril, ás 11:00 horas, a Casa da Cultura acollerá o obradoiro Crea a túa mona de Pascua de feltro, dirixido a persoas adultas ou a nenos e nenas acompañados, fomentando a creatividade mediante materiais e actividades manuais. A participación nesta actividade require inscrición previa no correo electrónico gaia@burela.org ou no teléfono...
leer más



