Alfoz

Etiquetas:
15/05/2025

A parroquia de Carballido, no concello de Alfoz, acollerá a primeira Andaina e Xantar Popular do Trece este sábado, día 17 de maio.

Este evento está organizado pola Asociación de Veciños San Sebastián, de Carballido que anuncia: “faremos unha andaina de dificultade baixa pola mañá, polos bonitos rincóns da contorna do Trece (de 11,5 quilómetros e dúas horas de duración aproximadamente. E despois, en recinto cuberto con carpa, disfrutaremos cunha sesión vermú, seguida dun xantar; un tardeo, co cantautor Mario Botella, que versionará coa súa guitarra en directo temas do pop/rock dos 80 e 90. Música e karaoke para os que queirades cantar cos nosos amigos de A mi manera”.

As persoas interesadas en máis información sobre este evento poden contactar co teléfono 636.010.619.

06/05/2025

Con motivo do Día das Letras Galegas o Concello de Alfoz organiza un certame de narración e debuxo e un evento que se celebrará o día 17 de maio.

O Concello de Alfoz anuncia: “está aberto o prazo para participar no Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2025. Se es nena ou neno empadroado en Alfoz ou estudas no CEIP Castro de Ouro ou no IES Alfoz-Valadouro, esta é a túa oportunidade. Entrega de traballos, ata o 12 de maio, no colexio ou na Biblioteca Pública de Alfoz”. As persoas interesadas poden obter máis información chamando ao teléfono 982.571. 270. O tema é Ler con coñecemento e hai tres categorías: ata 8 anos, de 9 a 11 anos e de 12 a 16 anos”.

E o día 17 de maio, sábado, ás 19:00 horas celebrarán o Día das Letras Galegas na Casa da Cultura de Alfoz cunha homenaxe á tradición oral,...

leer más
26/04/2025

O domingo 11 de maio o Pavillón de Alfoz acollerá a celebración do II Día da Veciñanza de Alfoz, unha xornada de encontro e convivencia organizada polos colectivos parroquiais de Alfoz e a Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo, coa colaboración do Concello de Alfoz.

O Concello de Alfoz anuncia que “a programación comezará ás 13:00 horas coa sesión vermú e continuará coa comida ás 14:00 horas, todo ambientado coa música en directo do grupo La Tremenda. O menú incluirá cecina, xamón, chourizo, queixo, empanada, codillo, sobremesa (milfollas e tarta xeada), café e viño. Ao longo do día haberá momentos de diversión para os máis pequenos e tamén sorteos para o resto da veciñanza, para que ninguén quede sen desfrutar dunha xornada festiva pensada para todas as idades”.

As persoas interesadas en participar deberán...

leer más
Etiquetas:
22/04/2025

O Seminario de Estudos do Valadouro (SEVA) presenta o seu Caderno 16, co título O Valadouro: apuntamentos históricos, de Xosé Martínez Cobos. Será este venres, día 25 de abril, ás 19:30 horas na Casa da Cultura de Alfoz.

Este acto está organizado polo Seminario de Estudos do Valadouro e colabora o Concello de Alfoz.

22/04/2025

O Centro Sociocultural de Alfoz acollerá un obradoiro de saúde bucodental o día 29 de abril, martes, ás 16:30 horas. Para participar hai que inscribirse e o prazo remata este venres, 25 de abril.

“Participa neste obradoiro gratuíto onde aprenderás a manter unha boa hixiene bucodental e a previr problemas comúns como caries ou enfermidades da boca. Impartido por Berta García Torres, especialista en Hixiene Bucodental da Área Sanitaria de Lugo. Non perdas esta oportunidade para coidar o teu sorriso!”,anuncia o Concello de Alfoz.

20/04/2025

O Concello de Alfoz anuncia: “o mércores 23 de abril ás 11:00 horas recibimos unha visita moi especial na Escola Infantil de Alfoz: Trémola Teatro tráenos o contacontos Pipo, o paxaro que non sabía voar. Unha historia chea de tenrura e aprendizaxes para as nenas e nenos, dentro do programa Ler Conta Moito, en colaboración coa Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia e a Xunta de Galicia”. 

18/04/2025

O Concello de Alfoz anuncia: “o próximo sábado 19 de abril ás 19:30 horas achegádevos á Casa da Cultura de Alfoz para descubrir Uma história pequena da Galiza Rural (1939–1982), da man da súa autora, Alba Díaz Geada. Veciña de Adelán, no concello de Alfoz, Alba é historiadora e investigadora especializada na análise dos cambios sociais no rural galego. É autora de varias publicacións, entre elas Mudar en Común: Galiza 1959–1982, baseada na súa tese de doutoramento, recoñecida con varios premios. As súas liñas de investigación inclúen: historia agraria e social, movementos sociais, cambio social e cultural, franquismo e transición á democracia”.

Para este acto a entrada libre ata completar aforo.

16/04/2025

O Concello de Alfoz anuncia: “o vindeiro 26 de abril temos unha tarde chea de diversión, contos e sorrisos na Casa da Cultura de Alfoz, pensada para os máis pequenos e as súas familias”.

De 16:30 a 19:30 horas haberá Xogos no Día do Libro, que consistirá en “actividades variadas para gozar dunha tarde moi entretida”. E ás 19:30 horas, espectáculo Un libro baixo a almofada, da man de Caxoto, “ideal para público infantil e familiar”.

Son actividades para nenos e nenas de 3 a 12 anos, completamente de balde. Para asistir non fai falla inscrición.

Etiquetas:
02/04/2025

O Concello de Alfoz organiza actividades lúdicas para menores de 18 anos o día 16 de abril, mércores de Semana Santa. Serán de 16:30 a 20:30 horas no pavillón municipal.

Haberá “inchables, circuíto RC, xogos xigantes con monitor, Battle Arena, batallas en colchoneta con bolas de espuma, música e moita diversión. Ven gozar dunha tarde chea de risas e aventura!”, anuncia o Concello de Alfoz.

Etiquetas:
31/03/2025

Este sábado, día 5 de abril, ás 19:30 horas no salón de actos da Casa da Cultura de Alfoz haberá un espectáculo de maxia e humor para todos os públicos a cargo do Mago Paco. Titúlase Hocus Pocus.

Está organizado polo Concello de Alfoz, que anuncia: “un espectáculo cheo de ilusión, risas e maxia para todos os públicos! Ven pasar unha tarde inesquecible con O Mago Paco e deixa que a sorpresa encha o escenario”.