Alfoz
Con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres (25 de novembro), o Concello de Alfoz desenvolverá diversas actividades de sensibilización baixo o lema As feridas non sempre se ven. Serán os días 29 e 30 de novembro, sábado e domingo.
O Concello de Alfoz anuncia que “este lema quere facer visible que as mulleres que foron ou están feridas non sempre se ven, e que moitas das feridas causadas pola violencia non son visibles a simple vista, xa que tamén existen as que deixan marca no plano emocional, psicolóxico ou social. Durante a semana do 25 de novembro, a Casa do Concello tinguirase de violeta como símbolo da loita contra as violencias machistas. Ademais farase entrega de bolsas de tea co lema da campaña tanto ao alumnado do CEIP Plurilingüe Castro de Ouro como nas actividades dirixidas á poboación...
leer másO grupo teatral Ardora, de San Ciprián (Cervo), representará a obra titulada Aire fresco este sábado, día 15 de novembro, ás 20:00 horas na Casa da Cultura de Alfoz. É unha comedia para todos os públicos cunha duración de 75 minutos. A entrada é de balde.
O Concello de Alfoz explica que “nesta obra o humor serve para reflexionar sobre unha realidade moi seria: as persoas maiores foron un dos colectivos máis afectados durante a pandemia, pola súa vulnerabilidade e polo impacto que o illamento tivo nas súas vidas. Aire Fresco busca facer rir, pero tamén concienciar sobre a importancia de coidar a quen nos coidou. Vente pasar un rato de teatro, risa e reflexión”.
O Concello de Alfoz organiza un ciclo de teatro afeccionado que inclúe representacións todos os sábados deste mes de novembro na Casa da Cultura.
Comezará este sábado, día 8 de novembro, ás 20:00 horas coa comedia titulada O Randiña vai ó médico, do grupo O Torques, de Burela.”Unha divertida historia chea de humor e enredos, perfecta para gozar en familia”, anuncia o Concello de Alfoz. Ten unha duración de 60 minutos e está destinada a todos os públicos. Con entrada libre ata completar aforo.
O sábado 15 representarase a obra Aire fresco, a cargo de Ardora (Cervo); o día 22 Metátese Teatro (Palas de Rei) ofrecerá O xuízo; e o 29 rematará o ciclo coa obra titulada Estes vellos saben moito… ou non, de Os Pícaros de Lagoa (Alfoz).
O Concello de Alfoz organiza para este sábado, día 25 de outubro, obradoiros e xogos na biblioteca municipal e cine na Casa da Cultura.
A biblioteca municipal acollerá unha tarde “chea de diversión e aprendizaxe”. De 17:00 a 20:00 horas haberá obradoiros e xogos para nenos e nenas ata 12 anos, actividade que é de balde e sen inscrición previa. “Unha xornada para descubrir o pracer da lectura e celebrar o papel das bibliotecas como espazos de encontro, cultura e imaxinación”, explica o Concello de Alfoz.
Ademais ás 20:00 horas na Casa da Cultura terá lugar a proxección da película Antes de nós, unha iniciativa da área de Cultura do Concello de Alfoz dentro da programación para celebrar o Día das Bibliotecas. “Unha sesión de cinema con entrada libre que inclúe mensaxes informativos e de sensibilización da...
leer másCoincidindo co Día das Bibliotecas, este venres, día 24 de outubro Alfoz acollerá a actuación de Pablísimo coa súa nova proposta: Cabicivai, “un espectáculo sobre rodas cheo de maxia, contos e imaxinación”, anuncia o Concello de Alfoz. Será ás 15:00 horas na Casa da Cultura.
“Unha bicicleta, un kamishibai e tres caixóns dos que pode saír calquera cousa … Unha historia para deixar voar a imaxinación de pequenos e maiores!”, explica o Concello de Alfoz.
O sábado 25 de outubro ás 20:00 horas a Casa da Cultura de Alfoz acollerá a proxección da película titulada Antes de nós, unha iniciativa da Área de Cultura do Concello de Alfoz dentro da programación para celebrar o Día das Bibliotecas.
Será unha sesión de cinema con entrada libre que inclúe mensaxes informativos e de sensibilización da Asociación Española contra o Cancro.
Finca Casa Barbeiro, de Alfoz, a queixería que sorprenderá os padais dos amantes do queixo artesanal
Grupo Casa Barbeiro, como un dos grupos agropecuarios de referencia en Galicia, pon en marcha o seu último proxecto: Finca Casa Barbeiro, a queixería que sorprenderá os padais dos amantes do queixo artesanal.
Finca Casa Barbeiro culmina así un proxecto madurado durante anos, no que se coidaron tódolos detalles para ofrecer o mellor das súas gandeirías.
Dende o corazón do Grupo Casa Barbeiro, enraizado nun entorno privilexiado e cunha profunda tradición familiar, nace Finca Casa Barbeiro co propósito de revalorizar o produto local, creando elaboracións con identidade, orixe e unha calidade recoñecible, sempre baixo o amparo dun traballo ben feito.
No Grupo Casa Barbeiro, o respecto polos animais e polo medio é un piar fundamental en cada proxecto. As vacas leiteiras críanse nunha contorna...
leer másO Concello de Alfoz pon en marcha unha nova edición do programa ActivaMENTE, unha iniciativa dirixida a pensionistas e persoas maiores de 55 anos que busca promover o envellecemento activo e saudable a través da estimulación cognitiva. As sesións desenvolveranse no Centro Sociocultural de Alfoz todos os xoves ás 10:30 horas a partir do 17 de outubro e a inscrición permanecerá aberta durante todo o ano.
“O programa ofrece un espazo de aprendizaxe, participación e socialización no que se traballan aspectos como a memoria, a atención, a linguaxe, o razoamento ou a orientación, favorecendo así o mantemento das capacidades mentais e o benestar emocional das persoas participantes”, explica o Concello de Alfoz.
A alcaldesa, Efigenia Maseda, salientou que “ActivaMENTE é un dos programas máis valorados...
leer másA monologuista Leti da Taberna presentará o seu espectáculo titulado Enredada na Casa da Cultura de Alfoz este sábado, día 11 de outubro, ás 20:30 horas.
“O vindeiro sábado 11 de outubro temos unha cita coa risa da man de Leti da Taberna e o seu monólogo Enredada, un espectáculo cheo de retranca e moi bo rolo. Entrada de balde!”, anuncia o Concello de Alfoz.
A Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo, de Alfoz, organiza un percorrido pola Ruta das Penas para o día 12 de outubro, domingo. A distancia é de 7,5 quilómetros e a dificultade é moderada.
As prazas son limitadas e o prazo para inscribirse remata o 9 de outubro.
“O domingo 12 de outubro organizamos a Ruta das Penas. Sairemos da Casa do concello de Alfoz ás 9:00 horas. Recomendamos levar roupa cómoda, botas de montaña ou calzado impermeábel e chuvasqueiro para que, toque o tempo que toque, disfrutemos dun gran día e rematar cun pequeno aperitivo”, anuncia a Asociación Cultural e Xuvenil o Castelo.












