
O Concello de Alfoz presenta o II Curso de Pádel para Adultos, que se desenvolverá dende o 18 de outubro ata o mes de xuño. As sesións impartiranse os sábados en horario de tarde, adaptadas aos diferentes niveis de xogo: nivel de iniciación (para persoas que nunca xogaron ou que tiveron un primeiro contacto), sábados de 16:00 a 17:00 horas; nivel intermedio (para quen xa asistiu a cursos previos ou xoga ocasionalmente), sábados de 17:00 a 18:00 e de 18:00 a 19:00 horas; nivel de perfeccionamento (para xogadores/as habituais con experiencia en competición), sábados de 19:00 a 20:00 horas.
O custo da actividade será de 10 euros ao mes e as persoas participantes deberán levar a súa propia pala de xogo.
O prazo de inscrición permanecerá aberto entre o 2 e o 9 de outubro, tramitándose a través do Concello. As prazas son limitadas.
Dende o Concello de Alfoz anímase á veciñanza a participar nesta actividade deportiva que “promove hábitos de vida saudables e ofrece a oportunidade de mellorar ou iniciarse no pádel nun ambiente de convivencia e aprendizaxe”.