Alfoz celebra a Festa dos Chóferes esta fin de semana, do 1 ao 3 de agosto

A Asociación Cultural Xuvenil O Castelo organiza un ano máis a Festa dos Chóferes de Alfoz, que se celebrará esta fin de semana –do venres 1 ao domingo 3 de agosto e conta co apoio da Xunta de Galicia. Este mércores presentaron a programación nun acto no que participou o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias.

Os actos centrais terán lugar o domingo. Ás 11:00 horas comezará a procesión polas parroquias do municipio dos vehículos participantes, que posteriormente serán bendicidos; outorgaranse premios aos mellores de cada categoría.

O programa inclúe verbenas todas as noites desde o venres, e sesión vermú o sábado e o domingo. Haberá unha zona de acampada e carpa con mesas e toma de corrente eléctrica para os que queiran desfrutar alí dos tres días de festa.

O venres na verbena actuarán a Discoteca Móbil Conxuto e a orquestra Finisterre.

O sábado ás 13:00 horas haberá misa solemne, seguida de sesión vermú coa orquestra Magos, que tamén amenizará a verbena xunto a orquestra Metrópolis.

E o domingo na sesión vermú e na verbena actuará o grupo Montreal.