Novas Tecnoloxías
O vindeiro luns, 11 de setembro, chega a Alfoz a actividade denominada Enredando. Esta iniciativa da Cruz Vermella ofrecerá información ás persoas interesadas sobre o uso das novas tecnoloxías.
O Concello de Alfoz explica que “entre as 11 e as 14 horas poderás achegarte para coñecer os usos da aplicación da banca electrónica, pedir cita no médico a través do móbil, aprender a usar o navegador, whatsapp ou calquera aplicación de interese”. Será no aparcamento ao lado da Casa do Concello e en caso de mal tempo trasladarase á Casa da Cultura.
Para máis información os interesados poden chamar ao teléfono gratuíto 900.825.030 no Concello de Alfoz.
O local da asociación de veciños de Santo Adrao, en Lourenzá, acollerá un curso de ferramentas dixitais para a actividade agraria de 12 horas. Será os días 25, 27 e 29 de setembro de 16:00 a 20:00 horas e está dirixido a persoas traballadoras, autónomas e desempregadas.
As inscricións poden facerse a través do correo electrónico lourenza@sindicatolabrego.gal ou dos teléfonos 982.12.13.76 e 698.15.96.67. O prazo remata o 15 de setembro.
ACISA Ribadeo organiza unha charla informativa sobre transformación dixital, que se celebrará o 30 de xaneiro ás 9:30 horas nas instalacións do Hotel O Cabazo.
A organización empresarial programa este almorzo informativo co fin de falar sobre a transformación dixital e como se pode vender máis a través de solucións dixitais. Desde ACISA subliñan que “é preciso adaptarse ás novas tecnoloxías, de aí a importancia de celebrar charlas coma este que teremos a vindeira semana”.
A conferencia será impartida por Jesús Otero Díaz, responsable de Negocio Dixital do Banco Santander en Lugo, que ademais presentará a ferramenta que ten o propio banco para chegar a ese obxectivo.
ACISA Ribadeo anima a todos a participar nesta xornada, tanto comerciantes como hostaleiros e dos sectores de restauración...
leer más
O Concello de Burela presentou hoxe unha nova actividade dirixida a mulleres, que se levará a cabo entre o 1 e o 10 de decembro. Trátase dunhas Xornadas Formativas para mellorar, mediante o uso das novas tecnoloxías, as capacidades de emprendemento e busca de emprego feminino. Están promovidas pola Secretaría Xeral de Igualdade, en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia, e levaranse a cabo os días 1, 3, 5, 9 e 10 de decembro, en horario de 16:00 a 20:00 horas, nas instalacións da Aula CEMIT na Casa da Xuventude. As interesadas poden facer as súas inscricións no Centro municipal de Información ás Mulleres.
Dende a Concellería de Igualdade recordan que “esta actividade formativa non só está dirixida ás veciñas do municipio, senón tamén a todas aquelas mulleres que proceden dos...
leer más