Banda
Desde la organización señalan que “este año es nuestro 15º aniversario y lo vamos a celebrar todos juntos a lo grande. Antes de salir a la venta, hemos querido ofreceros un adelanto de las bandas que estarán en el festival este año, ¡y aquí lo tenéis!. La banda más pedida de este año en nuestras encuestas, uno de los mayores cabezas de cartel del año en los festivales europeos de metal y una de las mayores bandas de metal de la historia, estará también en Viveiro con fecha exclusiva en España para 2020. ¡¡Recibid con los brazos abiertos a System of A Down!! Será un concierto de larga duración y con todos los éxitos de la banda que han sonado en radios y televisiones a lo largo de su carrera. Se convertirá sin duda alguna en uno de los conciertos más históricos que jamás hemos visto en el festival. You wanted to!”.
Y añaden: “las sorpresas...
leer másA Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o seu clásico concerto de música de cine, con proxección nunha pantalla de fragmentos das películas ás que pertencen as pezas que tocaran, o día 30 deste mes, venres, ás 22:00 horas nas escaleiras da Casa do Concello.
O director da Banda ribadense, David Ballester, anuncia: “a Banda Municipal de Música de Ribadeo continúa cos seus concertos da tempada de verán e o seguinte que temos é o venres día 30 ás dez da noite nas escalinatas do Concello. É un concerto de bandas sonoras, que cada vez está tendo máis éxito”.
David Ballester engade que “a Banda Municipal de Música de Ribadeo nesta ocasión vai interpretar oito obras, que todas elas é a primeira vez que se poñen enriba do atril da Banda, con arranxos algúns deles non moi complicados e outros un pouco máis. Todo...
leer másEste mércores, 22 de maio, terá lugar a presentación da Banda da Escola de Música de Burela, que se estreará no pregón das festas patronais. No acto deste mércores, que dará comezo ás 13:00 horas na propia escola, participarán xunto ao alcalde e ao concelleiro de Cultura, o director da Escola e o director da Banda.
O rexedor burelés, Alfredo Llano, manifestou que “un dos obxectivos que tíñamos nesta lexislatura, a través da Escola de Música, era conformar unha nova Banda de Música que saíra da Escola e por fin se logrou. Non é doado a creación dunha Banda, pois ten o seu espazo e o seu tempo para que conte cunha calidade e cunha cantidade suficiente de compoñentes para que sexa boa”.
Llano anunciou que “este ano imos presentar a Banda de Música cando sexa o pregón das festas, vai actuar nese acto, e vai ser...
leer másA Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o seu tradicional concerto Aquí como en Viena, este sábado, día 29, ás 21:00 horas no Teatro ribadense. A Banda interpretará polcas, valses e outras pezas típicas destas datas, ademais doutros temas, e haberá sorpresas. A entrada é de balde, pero o aforo a este concerto será limitado por seguridade e comodidade dos asistentes.
O director da Banda Municipal de Música de Ribadeo, David Ballester, explicou que este concerto “sempre acaba desembocando en temas vieneses como polcas e valses e este ano a primeira parte vai ser un conto que se desenvolve en Viena e tocaremos cinco obras, das cales catro serán interpretadas por primeira vez pola Banda Municipal de Música de Ribadeo. Creo que é algo a resaltar, tendo en conta que hai escasamente un mes a Banda xa tivo un concerto no que a gran maioría...
leer másO trompetista da Banda Municipal de Música de Ribadeo Álvaro García, que estuda Deseño en Bilbao, elaborou o cartel do concerto de Santa Cilla que se celebrará no Cine Teatro este sábado, día 24, ás 20:30 horas.
Sobre esa actuación o director da Banda de Ribadeo, David Ballester, anunciou que “teremos a Carlos Villar tocando unha peza de xilófono, como solista, e tamén haberá un dúo de frautas, a cargo de Paula Pérez e Eva Iglesias, cunha obra de aires celtas que está bastante ben”.
O director da Banda ribadense comentou tamén que “ultimamente neste concerto de Santa Cilla dedicamos a algún compositor unha serie de pezas en concreto. Este ano ímolo facer dedicado ao compositor e director belga Bert Appermont, que é un dos meus compositores preferidos para música de banda e tiven a sorte de coñecelo nunha...
leer másA Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o seu concerto de Santa Cilla o día 24 deste mes, sábado, ás 20:30 horas no Cine Teatro. Esta actuación estará dedicada ao director e compositor belga Bert Appermont.
O director da Banda de Ribadeo, David Ballester, anuncia que “neste mes de novembro o 22 é o día de Santa Cilla, a patroa dos músicos, e como non podía ser menos, a Banda de Música Municipal de Ribadeo vai facer o seu concerto de Santa Cilla. Será o día 24 ás oito e media da tarde no Cine Teatro”.
David Ballester engade que “neste concerto sempre me gusta que algúns dos músicos da Banda demostren o seu bo facer, o seu talento, e teremos a Carlos Villar tocando unha peza de xilófono como solista e tamén teremos un dúo de frautas, a cargo de Paula Pérez e Eva Iglesias, cunha obra de aires celtas que está...
leer másA Banda Municipal de Música de Ribadeo terá tres actuacións a vindeira semana e a primeira delas será o día 16, xoves, cando ofrecerá o tradicional concerto de San Roque ás 13:30 horas a carón da capela do copatrono da vila ribadense. O día 17 a Banda de Ribadeo actuará na localidade asturiana de Luarca e o sábado 18 terá lugar en Cabanela o tradicional concerto churrascada, ás 21:00 horas.
O director da Banda, David Ballester, anunciou hoxe que “a Banda Municipal de Música de Ribadeo segue cos seus concertos de verán. Esta semana que vén será axetreada xa que o día 16 de agosto, como é tradicional, a Banda Municipal celebrará San Roque cun concerto á unha e media do mediodía xusto a carón da capela de San Roque, no que interpretaremos un repertorio variado”.
David Ballester engade que “o día 17 de agosto, debido...
leer másA Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o seu tradicional concerto das Letras Galegas o sábado 19 de maio ás 20:30 horas no Cine Teatro. Nesta actuación debutarán catro músicos.
O director da Banda ribadense, David Ballester, anuncia que “chegadas estas datas de maio a Banda Municipal de Música de Ribadeo vai facer o seu tradicional concerto dedicado ás Letras Galegas. Será o sábado 19 de maio ás oito e media da tarde no Cine Teatro”.
David Ballester subliña que “debido a que é o concerto das Letras Galegas nós imos enfocalo, como non podía ser doutra maneira, con música galega, de temática ou de compositores galegos como poden ser Xoán Montes, Juan Lois Diéguez, David Fiuza ou Reveriano Soutullo, interpretando diferentes tipos de música desde pasodobres a muiñeiras e habaneras. Creo que vai ser un...
leer másA Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o seu tradicional concerto de Semana Santa o mércores 28 de marzo. Esta actuación terá lugar na igrexa parroquial de Santa María do Campo ás 20:45 horas e nela a Banda interpretará por vez primeira sete obras relacionadas coa Semana Santa e debutará un novo músico. Ademais é o primeiro concerto para a nova xunta directiva da Asociación Amadores da Música, que agora preside Elisa Álvarez Amor.
O director da Banda Municipal de Música de Ribadeo, David Ballester, anuncia que “o mércores 28 de marzo terá lugar o tradicional concerto de Semana Santa a cargo da Banda Municipal de Música de Ribadeo. Este ano retomamos o que anos atrás facíamos neste concerto, que era tocar na igrexa parroquial; así que será ese día 28 de marzo na igrexa parroquial ás nove menos cuarto da tarde. Neste concerto...
leer másEste sábado, 25 de novembro, no teatro Pastor Díaz de Viveiro, celebrarase o concerto de Santa Cecilia da Banda Municipal de Música de Viveiro.
Esta actuación enmárcase nos actos organizados con motivo do centenario da Banda Municipal de Música O Landro que dirixe Carlos Timiraos Timiraos.
O concerto dará comezo ás 21:00 horas e está organizado pola Concellería de Cultura e Educación do Concello de Viveiro.
A Banda de Música O Landro celebra durante este mes de novembro unha exposición do seu centenario que se pode visitar na Biblioteca Municipal ata o día 30.