Banda
16/12/2015
A Banda Municipal de Música de Ribadeo celebra o 27 de decembro, domingo, unha das citas tradicionais do seu calendario, o concerto Aquí como en Viena, que terá lugar un ano máis no Cine Teatro ás 20:00 horas. Esta actuación vai dedicada especialmente aos socios de Amadores da Música, aínda que a entrada é libre e gratuíta para o público en xeral.
O director da banda ribadense, David Ballester, explicou “separaremos o concerto en dúas partes, unha o Aquí e outra o Viena. O Aquí será de temas que toda a xente poderá recoñecer seguramente e que ademais son bastante alegres e movidos. Logo xa nos trasladaremos a Viena para interpretar todas estas polkas e bailes que comunmente se interpretan en Viena. Podería haber tamén algunha sorpresiña por aí polo medio e cara o final”,...
leer más 17/11/2015
A Banda Municipal de Música de Viveiro celebra este sábado, 21 de novembro, o seu tradicional concerto de Santa Icía no Teatro Pastor Díaz da cidade de Landro.
A cita comeza ás 21 horas e consta de dúas partes. Na primeira executaranse as obras Alpine Fanfare, de Franco Cesarini, The Witch and the Saint, de Steven Reineke e Buffalo Dances, de Robert W. Smith. A segunda parte consistirá nun concerto de Xóvenes Solistas, no que interveñen Nerea Fernández, Raúl Vidal, Adan Gómez, Bruno Ramil, José Maseda, José Carlos Díaz e Gabriel Fernández. Interpretarán obras de André Waigneim, Rob Ares, Harm Evers ou Richard Comello, entre outros.
26/08/2015
A Banda Municipal de Música de Ribadeo pon fin este venres, 28 de agosto, ás 22:30 horas no parque de San Francisco ao ciclo Agosto Musical 2015 organizado pola asociación ribadense Amadores da Música. A despedida do programa será a través de música cinematográfica, pois a Banda interpretará diversas bandas sonoras de películas, tanto clásicas como recentes, que ao mesmo tempo serán proxectadas nunha pantalla. O anterior concerto do ciclo tivo lugar na noite de onte, martes, na rúa San Francisco e correu a cargo da sección de vento metal da Banda, o quinteto Ribadeo Brass, a Cebolas Verdes Big Band e amigos, actuación que contou coa presenza de numeroso público.
En canto ao acto programado para este venres “a Banda interpretará diferentes pezas de bandas sonoras de...
leer más 24/08/2015
A sección de vento metal da Banda Municipal de Música de Ribadeo xunto co quinteto Ribadeo Brass e a recentemente creada formación musical ribadense Cebolas Verdes Big Band ofrecerán un concerto mañá, martes, ás 22:30 horas nas inmediacións do parque de San Francisco, aínda que en caso de mal tempo trasladarase ao Cine Teatro. Esta actuación, incluída no ciclo Agosto Musical 2015 que organiza a asociación Amadores da Música, chega despois da participación da Banda de Ribadeo no concerto celebrado onte, domingo, no auditorio municipal Hernán Naval dentro do X Festival Internacional de Música Clásica de Ribadeo.
O concerto de vento metal programado para mañá, martes, día 25, estará dirixido por Rubén Solloso Irimia, quen hoxe explicou que este tipo de actuacións “comezamos a...
leer más 11/04/2015
A Banda Municipal de Música de Foz ofrecerá un concerto solidario no que se recollerán produtos para o banco de alimentos local. Será o día 25 deste mes, sábado, ás 20:30 horas na Sala Bahía.
Todos os produtos, que serán recollidos á hora do concerto na propia Sala Bahía, serán entregados integramente ao banco de alimentos focense. O que máis necesita actualmente é leite, galletas, azucre, tomate frito, conservas (sobre todo atún), produtos de limpeza, de aseo persoal e de hixiene infantil.