O Landro
A Banda de Música O Landro presentou no Concello de Viveiro a súa Banda Xuvenil. Trátase dunha iniciativa coa que a entidade busca reforzar a base formativa e garantir a continuidade da formación de cara ao futuro.
O Concello de Viveiro tamén explica que “a Banda Xuvenil concíbese como o primeiro paso para que nenos, nenas e mocidade se incorporen progresivamente á vida da Banda de Música O Landro. O proxecto procura transmitir coñecementos musicais, pero tamén valores como o compañeirismo, o compromiso, a responsabilidade, o respecto e o traballo en equipo. Durante a presentación, tamén se puxo en valor a reunión mantida esta semana coas familias dos participantes, tanto dos nenos e nenas que xa forman parte da banda como das novas incorporacións. No encontro explicouse o funcionamento dos ensaios, o papel das familias, a importancia da...
leer más



