
A Banda de Música O Landro, anuncia: “o luns 10 vive unha auténtica Noite de Estrelas na Praza Maior de Viveiro. Convidámosvos ao noso concerto cun cuarteto de cantantes sen igual: Margarita Gutiérrez, Mario Gómez, Idoya Esquide e Felipe Sánchez para poñer a voz a grandes temas da verbena galega. Coma condutor do espectáculo contaremos con Baruk Domínguez”.
Esta actuación da Banda de Música O Landro, dirixida por Carlos Timiraos, comezará ás 22:00 horas.


