
A Banda Municipal de Música de Ribadeo estará acompaña por gaitas no concerto do Día da Patria que ofrecerá o día 25 de xullo, sábado, ás 20:30 horas no Campo de San Francisco.
O director da formación, David Ballester Martínez, anunciou que “neste mes de xullo temos unha das citas que é imprescindible no calendario da Banda Municipal de Música de Ribadeo, que é o concerto do Día da Patria, do Día de Galicia. Este ano farémolo no Campo de San Francisco ás oito e media da tarde. O repertorio será moi variado e mesturaremos obras de temática galega con pezas doutros estilos. Como novidade este ano imos estrear algunhas obras que vai ser a primeira vez que estean enriba dos atrís da Banda Municipal e nelas haberá música de gaitas”.
David Ballester anima á xente a que se achegue o 25 de xullo ás oito e media da tarde ao Campo de San Francisco “para desfrutar deste concerto. Esperamos que nos acompañe o tempo, pero en caso de que non sexa así trasladarémolo ao auditorio Hernán Naval”.


