En Barreiros haberá representacións do Circuíto Galego de Teatro Amador os días 10, 11, 24 e 31 de outubro

O Colectivo Cultural Ollomao anuncia que “este outubro Barreiros incorpórase ao Circuito Galego de Teatro Amador, unha iniciativa da Federación Galega de Teatro Afeccionado (FEGATEA) na que participamos desde Ollomao. Ao longo do mes poderemos gozar de catro funcións, catro compañías e catro historias ben diferentes, repartidas entre as Escolas Vellas de San Miguel e o Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro de San Cosme”.

O sábado 10 de outubro Andaravía Teatro representará a obra titulada Lévame ao paraíso; o domingo 11 Rebuldeira Teatro escenificará Vermello; o sábado 24 de outubro Tiruleque Teatro ofrecerá A conspiración da piolla; e o sábado 31 de outubro Gargallada Teatro poñerá en escena García, un cadáver informal.

O prezo das entradas será de 3 e estarán á venda dende media hora antes de cada función na taquilla.