Teatro

04/09/2024

Camiño Escena Norte, o programa de intercambio cultural no que participan compañías de teatro, danza e artes do movemento e novo circo de Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi e Navarra, intensificará a súa presenza no territorio galego na súa sexta edición, que se celebrará do 13 de setembro ao 27 de outubro baixo o lema A oportunidade do agarimo. Un total de 13 localidades do país, dúas máis que no 2023, contarán con funcións desta iniciativa. 

A praza do Obradoiro acolleu esta mañá a presentación da programación en Galicia, que comezará o venres 13 en Santiago de Compostela. A partir de aí, algunhas das creacións escénicas máis interesantes da carteleira percorrerán escenarios históricos ou espazos singulares de Vilalba, Melide, Carballo, Vimianzo, Lugo, Ames, Arzúa, Ribadeo e Viveiro; sedes ás que este ano CEN suma Foz e Outes, á vez...

leer más
27/08/2024

A trixésimo oitava edición da Semana do Teatro Afeccionado do Valadouro celebrarase desde o día 31 de agosto, sábado, ata o 6 de setembro, venres, no salón de actos da Casa da Cultura do Concello do Valadouro, con entrada de balde. Todas as representacións serán ás 22:00 horas.

O Concello do Valadouro anuncia: “nesta edición contamos con grupos de fóra e do sur da provincia de Lugo, sen esquecernos da representación mariñá nin dos grupos locais. Un dos grupos é a primeira vez que acude ó Valadouro e o resto é raro que se hai obra en cartel non acudan ó escenario da Casa da Cultura dentro da programación da Semana do Teatro ou mesmo noutras citas que coordina a Concellería de Cultura do Concello do Valadouro. Para que este programa se leve adiante cóntase coa axuda Xunta de Galicia”.

O día 31 de agosto o grupo da...

leer más
Etiquetas:
24/08/2024

Desde Trípode explican: “estamos de volta! De novo a comedia, de novo a reflexión sobre os escenarios. De novo na Casa da Cultura do Valadouro, que tan fermosos momentos nos fixo vivir. De novo na tradicional e popular Semana do Teatro de inicios de setembro. Os de Trípode estamos de estrea, mais non estreamos zapatos nin chaqueta, senón unha nova representación teatral, A presa, unha historia baseada en feitos e en sentimentos reais: cando a modernidade destrúe a sinxeleza e a fermosura do natural, non é boa. A veciñanza de Fontefría loita contra o proxecto dun encoro descomunal que asolagará a súa aldea e a súa felicidade”. 

A estrea de “A presa” será o domingo, 1 de setembro, ás 22:00 horas.

E engaden “esperamos contar coa túa compañía para rir e pensar xuntos. Grazas ao concello do Valadouro por apoiarnos e...

leer más
Etiquetas:
20/08/2024

A Delegación de Cultura do Concello de Foz organiza a súa xa tradicional Semana do Teatro Afeccionado ao Aire Libre do 20 ao 25 de agosto. 

Dará comezo este martes, día 20 de agosto, ás 20.30 horas no pavillón do colexio número 1 coa compañía A Adala Futura para seguir nas prazas do concello do seguinte xeito: o mércores 21, no Parque Rosalía de Castro ás 21.00 horas a compañía Pico do Castro coa obra “Trato a cegas”; o venres 23 na Praza Conde de Fontao ás 21.00 horas a compañía O Centiño coa obra “Trepa, Tripa e Tropa”; o sábado 24 na Praza Conde de Fontao ás 21.00 horas a compañía Pedroso coa obra “A inmortal”; e o domingo 25 na Praza Conde de Fontao ás 21.00 horas a compañía O Batán coa obra “As promesas dos galos”. En caso de choiva as obras pasarán a realizarse na Casa da Cultura.

A concelleira de Cultura,...

leer más
Etiquetas:
30/07/2024

O Concello de Barreiros organiza dúas representacións das obras "O traballo de Andrea" e "Pan con Chocolate" do grupo de teatro Ollomao.

Terán lugar o xoves, 8 de agosto, nos colexios vellos de San Miguel, a primeira delas; e o martes, 13 de agosto, no centro social de San Cosme, a segunda.

Según Dani García, concelleiro de Dinamizaciòn “son xa numerosos os premios acadados por Ollomao tanto en Galiza como no Occidente asturiano e qué mellor que disfrutalos en Barreiros nas xa tradicionais representacións de verán”.

As representacións terán lugar ás 22 horas con entrada de balde ata completar aforo. 

22/07/2024

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en marcha unha nova edición do Circuíto de Teatro Profesional promovido pola área de Cultura, que inclúe 59 representación de 14 compañías por toda a provincia.

Trécola Producións, Xamón Producións, Ítaca Teatro, Ubú Teatro,
Pinconús, Teatro do Miolo, Señor López Producións, Satori Teatro, Baixo
da Area Teatro, Lîlâ Teatro, Bátega Teatro, Mocromina Títeres, A
Compañía Solitaria do Dr. Monifate e Loia Producións xirarán cunha
vintena de representacións ata decembro. As propostas escénicas están
destinadas a distintos públicos, desde teatro de títeres para público
novo ata montaxe con gran peso do baile tradicional e da música en
directo na escena ata adaptacións teatrais de textos literarios como
Poeta en Nova York.

A deputada de Cultura, Iria Castro, sinalou que con este ciclo “a...

leer más
Etiquetas:
11/07/2024

A Concellería de Cultura de Lourenzá convoca a sexta edición do Certame de Teatro Afeccionado Concello de Lourenzá, no que poderán participar unicamente compañías ou grupos de teatro afeccionado que superen un proceso previo de selección, admitíndose calquera tipo de xénero e empregando preferentemente a lingua galega en calquera das súas variantes dialectais. Anunciouno hoxe, xoves, o concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron.

Os grupos interesados en participar deberán inscribirse nas oficinas municipais do Concello de Lourenzá ou por correo, enviando a seguinte documentación: ficha de inscrición, que aparece na páxina web do Concello; fotocopia do CIF do grupo ou compañía; ficha artística e técnica; e DVD, pendrive ou tarxeta coa gravación dunha representación da obra presentada a concurso. O prazo de presentación das solicitudes...

leer más
Etiquetas:
27/06/2024

A próxima parada da xira do espectáculo teatral “Boa sorte, mala fama” será o domingo 7 de xullo ás 20:30 horas no Auditorio Municipal Hernán Naval, de Ribadeo, dentro da programación da IX Edición do Ribadeo Indiano.

A compañía lucense Tarabela Creativa recala por terceira vez na Mariña con este espectáculo que é o resultado dunha investigación de dous anos arredor das caras máis descoñecidas e menos institucionais da nosa emigración, contadas en tres actos.

En palabras da súa directora e dramaturga, Carmen Conde, “visitar Ribadeo con esta montaxe é aínda máis especial se cabe, pois no espectáculo hai moitas historias que contan como foi a nosa diáspora cubana e sei a irmandade tan grande que existe entre Ribadeo e Cuba; ademais de grandes persoeiros, homes e mulleres, que acabaron sendo parte activa da historia...

leer más
13/06/2024

A programación cultural do Concello de Foz para este mes de xuño continúa coa segunda parte do certame de teatro e coa feira da Espiñeira. “A primavera finaliza e chega o verán. O mes de xuño avanza cargado de eventos en Foz cunha nova fin de semana con teatro e tamén coa tradicional Feira da Espiñeira”, anuncia o Concello.

Este venres ás 20 horas o grupo teatral Ollomao presentará na Casa da Cultura a súa obra O traballo de Andrea, sendo o sábado a representación á mesma hora de A Lola, de Avelaiña Teatro. O domingo nunha función familiar ás 18.30 horas, na mesma Casa da Cultura, poderá desfrutarse de Avoa, xogamos?, da compañía Alentía Teatro.

O domingo a partir das 11 da mañá, unha nova edición da Feira da Espiñeira dará comezo. Coma o ano pasado, os animais estarán situados nun prado traseiro do Campo da Feira, habilitado para acoller os...

leer más
Etiquetas:
12/06/2024

O filólogo e escritor ribadense Carlos Álvarez Lebredo presentará o seu libro titulado “Historias con pentagramas. Relatos musicais e ribadenses” no Teatro de Ribadeo. Será este domingo, 16 de xuño, ás 12:30 horas.

Ademais do autor da publicación, no acto participarán o alcalde de Ribadeo, Daniel Vega Pérez, e o director xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lourenzo Suárez.