Barreiros

Etiquetas:
29/12/2025

O Concello de Barreiros anuncia que a tradicional carreira solidaria de Reis disputarase este domingo, día 4 de xaneiro, “con récord de participación na categoría absoluta”. As inscricións permanecerán abertas ata o xoves día 1 incluído.

Barreiros acollerá a primeira das probas do ano 2026 pertencentes ao seu circuíto de carreiras populares Circuíto +kmsBarreiros, que ademais da carreira absoluta e de menores contará cunha andaina solidaria con dúas distancias (8 e 13 quilómetros) a escoller polas persoas participantes.

O aporte solidario desta edición irá destinado a prol da asociación SOMOS, unidos por el cáncer e desde o Concello de Barreiros agardan superar a cifra recadada o ano anterior, que foi de 667 euros. Na páxina web do evento (...

leer más
25/12/2025

O Apalpador estará este domingo, día 28 de decembro, desde as 18 horas na Praza do Concello de Barreiros.

Esta visita está organizada polo Colectivo Cultural Ollomao, que anuncia: “xa chegou o señor Apalpador e este ano vén acompañado de música, cantigas e encontro arredor da tradición, nun obradoiro en familia con Blanca Villares. Esta actividade vén promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo e o Concello de Barreiros para completar así unha tarde de lecer e cultura. E volveremos ter chocolatada”.

Etiquetas:
22/12/2025

O Concello de Barreiros, xunto coas ANPAS dos CEIPs de San Cosme e de San Miguel, organiza unha viaxe a Xuvelugo, “unha cita xa clásica destas datas para a cativada barreirense”. A viaxe terá lugar o martes 30 de decembro con saída ás 15:00 horas desde a Praza do Concello e regreso, ás 20:00 horas, saída de Lugo. A excursión inclúe entrada e viaxe en bus de balde para as nenas e nenos de Barreiros, anuncia o Concello.

Cada nena ou neno deberá ir acompañado/a por unha persoa adulta, que terá que aboar: 5 euros os socios/as das ANPAS e usuarios/as das EEDD; e  7  euros o resto de acompañantes.

O Concello de Barreiros explica tamén que Xuvenlugo “é un gran espazo de lecer infantil e xuvenil situado no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo. Está cheo de atraccións, inchables, xogos, animación e deporte para pasar unha...

leer más
Etiquetas:
22/12/2025

O Concello de Barreiros anuncia que “Papá Noel chama á porta e quere falar coas nenas e nenos de Barreiros. Cóntanos que estará o martes 23 de decembro no centro sociocultural de San Cosme a partir das seis da tarde. Seica vén con moitas ganas de saudar á cativada e ás súas familias, así que animámosvos a achegarvos a este encontro tan especial e agardado do Nadal”.

Etiquetas:
19/12/2025

O Concello de Barreiros pecha a programación cultural cunha fin de semana dedicada ás artes escénicas e ao cine galego con dúas propostas abertas ao público que terán lugar esta fin de semana.

O sábado 20 de decembro, ás 19:00 horas, os colexios vellos de San Miguel acollerán a “Isabel Risco coa súa icónica Nabiza Girl que, neste caso, virá acompañada do fiel escudeiro, Don Galizo. Isabel Risco e Alberte Bello propoñen un espectáculo cheo de humor, retranca e identidade galega”, anuncia o Concello de Barreiros.

Xa o domingo 21 de decembro, ás 19:00 horas, o centro sociocultural de San Cosme acollerá unha tarde de cine coa proxección da película Antes de nós. “O filme debuxa dous momentos decisivos na vida de Castelao e da súa compañeira Virxinia antes de converterse nunha das figuras centrais da...

leer más
Etiquetas:
18/12/2025

Este xoves, día 18 de decembro, comeza o reparto do almanaque do Concello de Barreiros para o ano 2026, que recolle fotografías cedidas pola veciñanza “coas que se quere rememorar a nosa historia como pobo e poñer en valor o esforzo e a tradición de quen nos precedeu. Este ano queremos pechar o 2025, no que a música tradicional tivo un relevante papel tamén no noso concello, coa edición do calendario do 2026 centrado neste tema. Porque un pobo que canta é un pobo que vive, queremos ver un Barreiros vivo e dinámico! E mostrarlle ao mundo que sempre fomos un pobo de artistas”.

O Concello de Barreiros engade: “grazas a todas as persoas que nos cederon fotografías para poder ter na man este calendario. E pedimos desculpas de antemán se quedaron algunhas sen recoller ou utilizar, mais teñen cabida en vindeiras ocasións. Por razóns operativas os...

leer más
17/12/2025

A actriz Isabel Risco representará a comedia Nabiza Girl no municipio de Barreiros, concretamente nos Colexios Vellos de San Miguel, este sábado, día 20 de decembro, ás 19:00 horas. A entrada é de balde.

Esta actividade está organizada polo Concello de Barreiros, que anuncia: “este sábado, 20 de decembro, despedimos a programación de teatro deste último trimestre do ano cunha cita moi especial en Barreiros. Chega Isabel Risco coa súa icónica Nabiza Girl, un espectáculo cheo de humor, retranca e identidade galega: Pensabades que morrera, pero estaba de parranda! A máis importante superheroína galega está de volta, máis poderosa ca nunca, superando adversidades e aturuxando dende o cumio do Pindo. Nesta nova aventura, Nabiza Girl chega acompañada do seu fiel escudeiro Don Galizo para loitar contra as inxustizas e os problemas que asolagan a nosa terra. Isabel...

leer más
10/12/2025

Este domingo, día 14 de decembro, a compañía Lume Escénico representará a súa comedia titulada Activ@s en Barreiros. Será ás 19:00 horas no Centro Sociocultural de San Cosme, con entrada de balde. É unha obra apta para público a partir de 12 anos.

O Concello de Barreiros anuncia que é “unha peza con moito humor que nos convida a reflexionar sobre o traballo, o descanso e iso que tantas veces chamamos o retido dourado. A cousa comeza cunhas simples preguntas: Non estaremos a traballar por riba das nosas posibilidades?, Estamos dispostos a perder o noso descanso?, O retiro dourado será unha utopía imposible de acadar? E como resposta, a Administración pon en marcha un plan experimental para manter o estado de benestar. Pero como todo o mundo sabe... os experimentos, con gaseosa”.

 

09/12/2025

Barreiros acollerá este venres, día 12 de decembro, ás 19:00 horas unha charla sobre as escavacións arqueolóxicas realizadas no Feal da Paula e no castro de San Bartolo.

“Nas últimas semanas estiveron realizándose escavacións arqueolóxicas no Feal da Paula (San Miguel) e na zona do San Bartolo. Para coñecer os resultados das sondaxes e incluso ver algún dos restos atopados nas zonas escavadas, o equipo arqueolóxico organiza unha charla explicativa aberta ao público. Así que se tes curiosidade por saber que se esconde (arqueoloxicamente falando) na nosa costa, achégate o venres 12 de  decembro ás escolas unitarias de San Cosme (a carón do Concello) ás 19:00 horas. Non perdas a oportunidade de aprender un chisco máis sobre a nosa historia!”, anuncia o Concello de Barreiros.

08/12/2025

O Centro de Instrucción y Recreo (CIR) de Benquerencia, no municipio de Barreiros, organiza unha viaxe cultural á zona coñecida como Conca Mineira asturiana para este domingo, día 14 de decembro.

A saída será ás 07:00 horas desde O Canteiro. Inclúe almorzo nun restaurante en ruta, visita guiada ao museo da siderurxia (MUSI), espicha tradicional e xantar, e viaxe guiada a un ecomuseo.