
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia organiza en Barreiros un obradoiro de alfabetización mediática dirixido á poboación adulta, dentro do programa Obradoiros contra a desinformación. Será o martes 30 de xuño ás 11:00 horas no Centro Sociocultural de Barreiros e non se precisa inscrición previa.
O Concello de Barreiros explica que “nun contexto de proliferación de noticias falsas, ninguén está libre de ser vítima ou propagador da desinformación. Estes obradoiros nacen da experiencia do Colexio de Xornalistas con escolares e amplíana agora á poboación adulta, co obxectivo de fornecer á sociedade de coñecementos e ferramentas para combater as mentiras. A xornada estará impartida pola xornalista Carmen Quintela e ofrecerá ferramentas para identificar e combater a desinformación no noso día a día”.


