
Este sábado, día 18 de xullo, terá lugar a III Festa do Mexillón, que organiza o club deportivo Celta Barreiros. O evento, que dará comezo ás 19 horas no campo de fútbol O Cascabeiro, estará amenizado polo solista Pepe e por DJ Eventec.
A ración de mexillóns venderase a 10 euros e a de lacón tamén a 10 euros, acompañadas de pan, viño e auga. Haberá menú infantil a 10 euros.
Desde a organización animan “á veciñanza de Barreiros e dos concellos da contorna así como aos visitantes a achegarse este sábado ao campo de fútbol O Cascabeiro, en San Cosme de Barreiros, a desfrutar da III Festa do Mexillón. As dúas primeiras edicións tiveron unha gran acollida e agardamos que esta tamén sexa un éxito”.


