Barreiros
Este domingo, día 8 de xullo, ás 19:00 horas regresa a Vilamartín Pequeno o programa cultural A Voltas cos Contos, posto en marcha polo Concello de Barreiros co afán de achegar actividades culturais ás parroquias do interior. O actor Avelino González ofrecerá o monólogo titulado Chistes que foron contos e di que, “mudaron as formas pero non o fondo. Trátase de entreter e facer rir. Son contos sacados da tradición que foron cambiando e actualizándose e son moi modernos! Por iso mola contalos hoxe porque son bos. E así seguimos rindo unha risa que se vén rindo hai moito tempo”.
O programa está enmarcado no circuíto Cultura no Camiño, da Xunta de Galicia, e no Plan Único da Deputación Provincial de Lugo.
O Concello de Barreiros organiza unha excursión ao parque de camas elásticas DiverJump, de Lugo, dirixida a todas as crianzas que participaron nas escolas deportivas municipais durante o curso 2024-2025. A excursión terá lugar o martes 8 de xullo e “está pensada como unha xornada lúdica e de convivencia para que a cativada desfrute dunha experiencia diferente, con xogos, actividade física e moita diversión. A viaxe contará coa presenza de persoal municipal, que acompañará aos grupos durante todas as actividades”.
As familias que desexen inscribir ás súas crianzas deberán entregar a solicitude na oficina de deportes (ximnasio municipal) en horario de 10:00 a 15:00 horas ou enviala ao correo deportes@concellodebarreiros.gal. O prazo remata o venres 4 de xullo ás 14:00 horas.
... leer másO Concello de Barreiros, de cara a favorecer a conciliación familiar e a participación social da mocidade, pon en marcha o programa +Mocidade Barreiros, unha proposta pensada para a rapazada. O programa está dirixido a crianzas nadas do 01/01/2012 ao 31/12/2009 e desenvolverase en dous períodos: do 14 ao 18 de xullo e do venres 8 ao xoves 14 de agosto.
Os prazos de inscrición estarán abertos desde o luns 30 de xuño ata o 3 de xullo e deberá formalizarse nas oficinas municipais ou a través da sede electrónica do Concello.
Para máis información acerca do programa poden consultarse as bases do mesmo desde a web municipal:...
leer másO club de lectura da Biblioteca Pública Municipal de Barreiros despídese ata setembro organizando un café-coloquio aberto a todo o público. Na actividade estará o escritor Xabier Paz, autor do libro titulado A Barcelonesa, que compartirá reflexións, anécdotas e conversa arredor da súa obra e do mundo da literatura. Será este sábado, día 28 de xuño, ás 11:00 horas.
“Acompañaremos a xornada cun café e algún petisco, xa que se trata de que sexa un acto distendido”, anuncia o Concello de Barreiros.
O Seminario de Estudos Os Espigueiros, de San Miguel de Reinante, organiza unha charla coloquio sobre a importancia da obra teatral Os vellos non deben de namorarse. Correrá a cargo do presidente da Fundación Castelao, Miguel Anxo Seixas, e será este domingo, día 29 xuño, ás 18:30 horas nos Colexios Vellos de San Miguel, no concello de Barreiros.
Na charla tratarase sobre “a obra Os vellos non deben de namorarse, que significou e significa para cada un de nós”, explica Os Espigueiros.
A Agrupación Folclórica O Arco da Vella organiza en San Miguel de Reinante (Barreiros) a súa trixésimo segunda edición do Festival Folclórico Infantil. Será este sábado, día 28 de xuño, desde as 19:30 horas no pavillón do CEIP San Miguel. Antes haberá un pasacalles desde a Praza do Souto.
Ademais do grupo organizador, no festival actuará Mistura de Lieiro, agrupación do concello de Cervo.
O deputado Daniel García e o músico e compositor Xabier Díaz presentaron este luns o ciclo de concertos “Polavilas no paraíso”, que o levarán actuar no concello de Barreiros. Será en San Miguel de Reinante o día 5 de outubro ás 13:00 horas.
A Vicepresidencia da Deputación explica que en Barreiros “gozarán dos concertos que Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre están a realizar neste 2025, cun repertorio que repasa os catro discos editados desde 2015, coa pandeireta como instrumento central e o acompañamento de Adufeiras de Salitre”.
Na presentación, na que participaron a deputada provincial de Cultura, Iria Castro, e a alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, “destacouse a puxanza da música tradicional e da música en galego nos últimos anos e valorouse a necesidade de facer partícipe deste dinamismo a todos os públicos,...
leer másO Concello de Barreiros pon en marcha unha nova proposta a través do obradoiro de emprego que actualmente ten, denominado Máis emprego. Son obradoiros para aprender a elaborar xabóns e velas, que se celebrarán en San Cosme desde este xoves, 26 de xuño, e en San Miguel desde este venres, 27 de xuño.
“Trátase de dous obradoiros prácticos, ideais para aprender a elaborar xabóns artesanais e velas aromáticas naturais. Desenvolveranse en dúas localizacións: Escolas de San Cosme, comezo o 26 de xuño ás 10:30 horas; e Colexios vellos de San Miguel, comezo o 27 de xuño ás 11:30 horas. Cada taller constará de dúas xornadas, cunha duración aproximada de 1 hora por sesión. As prazas son limitadas polo que, as persoas interesadas en asistir, deben anotarse previamente no Concello ou chamando ao 982.124.002”, explica o Concello de Barreiros.
O Concello de Barreiros comezará o luns 23 de xuño un novo taller sobre o uso do teléfono móbil no Teleclub da Rilleira. Será todos os luns de 10:00 a 11:00 horas.
As persoas interesadas en asistir deben anotarse no Concello, ben presencialmente nas oficinas municipais ou chamando ao teléfono 982.124.002. Estes talleres, que estamos achegando a distintos lugares do municipio, son impartidos polo obradoiro de emprego no módulo de dinamización. Co seu alumnado aprenderedes a facer un uso máis consciente e informado dos móbiles, sobre todo as persoas maiores, as cales poderán sacarlle máis partido ao seu terminal.
Xunto con estes talleres combínase unha recollida de fotografías antigas para crear un fondo documental por parroquias que sirva para manter a memoria colectiva e das familias, polo que animamos á xente a...
leer másChega a segunda actuación no marco do programa cultural A Voltas cos Contos, organizado polo Concello de Barreiros. Este domingo, día 22 de xuño, ás 19:00 horas no local social de Cabarcos actuará Vero Rilo, que ofrecerá o seu espectáculo titulado Lavandeiras.
“Nesta ocasión será a quenda de Vero Rilo, quen nos fará pasar un anaco moi especial coa súa sesión de narración oral ao redor desde oficio tan noso, o das lavandeiras. Achégate para escoitar as lendas e os contos; historias que sucederon por toda a nosa xeografía sobre estas mulleres á beira do río, de xeonllos, fregando a roupa, teceron unha estampa que se repetiu ao longo da nosa historia”, anuncia o Concello de Barreiros.
O programa A Voltas cos Contos está enmarcado no circuíto Cultura no Camiño, da Xunta de Galicia, e no Plan...
leer más