A Festa do Veciño de Celeiro de Mariñaos celébrase este domingo, 19 de abril, coa colaboración do Concello de Barreiros

A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, e o concelleiro de Dinamización, Dani García, recibiron no Concello a membros da directiva da Asociación de Veciños Celeiro de Mariñaos, que se encargan da organización desta xuntanza para a veciñanza. A cita terá lugar este domingo, día 19 de abril, na pista das escolas de Celeiro de Mariñaos, onde se celebrará a cuarta edición deste evento, que “xa é un referente para a parroquia”.

A xornada comezará ás 12:30 horas cunha sesión vermú amenizada polo dúo Son de Festa para logo continuar coa tradicional comida veciñal.

Desde o Concello de Barreiros anuncian tamén: “seguimos colaborando e apostando por estas xuntanzas, que nacen do tecido asociativo e que son fundamentais para a cohesión social e para dar vida ás parroquias”.