Barreiros

Etiquetas:
07/06/2025

A Cátedra Unesco sobre Alimentación, Cultura e Desenvolvemento (Unesco Chair on Food, Culture and Development), que funciona desde la Universitat Oberta de Catalunya, celebra desde este luns, 9 de xuño, a súa oitava reunión científica internacional na Casa do Concello de Barreiros, canda a 49ª edición do mitin da International Commisssion on the Anthropology of Food and Nutrition (ICAF). 

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo e o Concello de Barreiros colaboran na organización deste encontro científico que reunirá unha trintena de investigadores e expertos procedentes de todo o Estado español, Portugal e Brasil e México e no que analizarán asdinámicas sociais asociadas ao feito —e ao reto— cotián de comer nun contexto de emerxencia climática e global

A inauguración das dúas sesións de traballo, baixo o epígrafe...

leer más
06/06/2025

San Miguel de Reinante, en Barreiros, acollerá o vindeiro 29 de xuño a xornada lúdica e deportiva DiversiPrix, organizada pola asociación Guillem Veiga Iglesias coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e do Concello de Barreiros.

Baixo o lema Como enredarnos como iguais, a asociación programa unha xornada lúdica con diferentes actividades (probas de puntería, obstáculos, un futbolín humano, xogos coperativos, de habilidade e lóxica ou xogos de mesa xigantes) pensadas para a participación de rapazas e rapaces con diferentes capacidades, creando equipos diversos que favorezan a convivencia.

Os grupos, formados por persoas con e sen diversidade funcional, realizarán un percorrido de cinco probas, distribuíndo as tarefas e colaborando para desenvolvelas de forma colectiva.

... leer más
05/06/2025

Esta fin de semana, sábado 7 e domingo 8 de xuño, celébrase a romaría de Santo Estevo de Pagá en San Miguel de Reinante (Barreiros).

As actividades comezarán o sábado ás 13:00 horas con misa solemne e despois haberá procesión e sesión vermú amenizada polo dúo Belinda e con chourizos e empanada gratis. Ás 18:00 horas actuará o grupo folclórico O Arco da Vella e ás 22:00 horas empezará a verbena co dúo Belinda e Disco Móvil The Sound Project.

O domingo ás 13:00 horas celebrarase misa solemne e procesión. Despois haberá degustación de chourizos e empanada gratis e sesión vermú longa a cargo do dúo Cover.

01/06/2025

O xoves 5 de xuño terá lugar a xornada titulada Mulleres do medio rural en acción. Será en Barreiros, concretamente na Escola Indiana de San Miguel de Reinante, dende as 11 da mañá até ás 18:30 da tarde.

Na xornada intervirán a secretaria xeral do Sindicato Labrego, a laurentina Isabel Vilalba Seivane; Marta Vázquez Rouco, da asociación A Estruga, de Vilalba; Dolores Carmen Tourón Río, da asociación As Espigadoras; e Lola Cancio Álvarez, da asociación asturiana NIA.

Esta actividade forma parte do programa Tecendo Redes no Rural: Mulleres, PAC e Titularidade Compartida, organizado pola Confederación de Mujeres del Mundo Rural) e a Asociación Labregas, que conta co financiamento do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación (MAPA).

As persoas interesadas en máis...

leer más
Etiquetas:
31/05/2025

O Concello de Barreiros anuncia que a partir do luns 2 de xuño abre a inscrición para facer uso do ximnasio municipal. Poderán tramitarse do 2 ao 10 de xuño ou a partir do 19 de xuño. A apertura oficial terá lugar o luns 9 de xuño cun horario que vai  de luns a domingo, de 7:00 a 23:00 horas.

“Todas as persoas que formalicen a matrícula para este mes de xuño terán un desconto do 50 por centro sobre a tarifa a aplicar. Os impresos estarán dispoñibles no ximnasio, no Concello, e na web municipal (www.concellodebarreiros.gal), no apartado de deportes. Unha vez validada a inscrición os chaveiros que vos darán acceso as...

leer más
Etiquetas:
27/05/2025

O Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros, organiza un obradoiro de teatro este sábado, día 31 de maio. Será no Centro Social Manuel Díaz Sampedro, en San Cosme, de 17:00 a 20:00 horas.

“Nesta ocasión trasladámolo ao Centro Social Manuel Díaz Sampedro debido ás Xornadas Etnográficas da Mariña que se celebran nas Escolas Vellas durante todo o fin de semana. Recordámosvos que podedes asistir sen ningún tipo de compromiso, probar e pasar unha tarde diferente. O teatro comunitario é moito máis ca unha obra sobre un escenario: é encontro, é memoria compartida, é a voz dun pobo que se conta a si mesmo. A través del veciños e veciñas convértense en protagonistas da súa propia historia, fortalecendo os lazos que nos unen”, explica o Colectivo Cultural Ollomao.

23/05/2025

A asociación Tecedeira vén de presentar o programa completo das III Xornadas Etnográficas da Mariña (XEAM), que se desenvolverán en Barreiros do 30 de maio ao 1 de xuño, co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e o Concello de Barreiros.

Tras o concerto da cantora galega Su Garribo Pombo o pasado venres na Praza do Concello a modo de antesala das xornadas, a asociación deu a coñecer o programa completo deste encontro, que se reafirma como “un referente para a posta en valor da cultural tradicional galega na Mariña lucense”.

O deputado de Mocidade, Daniel García, encadrou  “o apoio á organización das Xornadas na colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén co tecido asociativo para estender a actividade cultural por todo o territorio” e celebrou “a consolidación destas xornadas sobre a...

leer más
Etiquetas:
22/05/2025

Este domingo, día 25 de maio, ás 19:00 horas o Centro Sociocultural de San Cosme de Barreiros acollerá a representación da obra titulada Profetas, unha coprodución do Centro Dramático Galego e Ítaca Teatro.

O Concello de Barreiros anuncia: “escrita por Ernesto Is (gañador do XVI Premio Abrente de textos teatrais da MIT de Ribadavia en 2021), a obra está dirixida por Carlos Álvarez-Ossorio e protagonizada por Elea López e Carlos Rebolo. A obra presenta a El e a Ela, unha parella que, despois de romper a súa relación, volven a atoparse para recordar ao longo dunha noite os vellos tempos. Neste encontro lembran os soños, os medos, os éxitos e os fracasos que compartiron, facendo balance da súa historia en común a través doutras historias do cinema e da literatura. Cuestións como o compromiso político e artístico, o amor e a creación...

leer más
21/05/2025

Barreiros acollerá un campus de fútbol organizado polo Celta, de Vigo, desde o día 28 de xullo ata o 1 de agosto. É para nenos e nenas de 5 a 16 anos.

“Chega unha nova edición do Campus do Celta en Barreiros. Por quinto ano consecutivo as nenas e nenos poderán disfrutar da diversión e a aprendizaxe co monitorado da Fundación Celta de Vigo”, anuncia o Concello de Barreiros, que engade: “contamos coa colaboración dos clubs locais Celta Barreiros e Iberia, que ceden as súas instalacións para celebrar esta actividade, na que o Concello asume unha parte da matrícula das nenas e nenos empadroados”.

19/05/2025

Desde o día 23 de xuño ata o 5 de setembro desenvolveranse os campamentos de verán que organiza o Concello de Barreiros, dende a súa área de Igualdade, como medida de conciliación para as familias. As inscricións estarán abertas ata o 27 de maio. As solicitudes poderán presentarse no Rexistro xeral do Concello de Barreiros. Tamén poderán presentarse a través da sede electrónica municipal.

Estes campamentos de verán son para crianzas nadas entre o 01/01/2013 e o 31/12/2021. Desenvolverase nos días laborais dos seguintes períodos: do 23 o 30 de xuño; do 1 de xullo do 2025 ata o 31 de agosto, en quendas de 15 días naturais; e do 1 o 5 de setembro do 2025.

O Concello de Barreiros explica que “para facilitar a conciliación familiar, amplíase o horario de entrada de 9:00 a 9:30 horas, para aquelas...

leer más