Os Quinquilláns representa a obra teatral “Cousas” este sábado, 25 de outubro, en San Miguel (Barreiros)

Este sábado, día 25 de outubro, ás 19:00 horas os colexios vellos de San Miguel, no municipio de Barreiros, acollerán a representación da obra Cousas, a cargo da compañía Os Quinquilláns. Con entrada de balde ata completar aforo.

O Concello de Barreiros explica que se trata “dunha adaptación da coñecida obra de Castelao, chea de retranca, humor e costumbrismo galego, que mestura traxedia, farsa e comedia”.

Ademais no mesmo espazo continúa aberta a exposición titulada Sempre Galiza, que pode visitarse ata o 31 de outubro nos seguintes horarios: luns, martes e mércores, de 10:30 a 11:30 horas; e os xoves de 12:00 a 13:00 horas.