Alentía Teatro representa a obra “Maleta aberta” en Barreiros este domingo, 19 de outubro

Alentía Teatro representará en Barreiros a obra titulada Maleta aberta. Será este domingo, día 19 de outubro, no Centro Social de San Cosme, con entrada de balde.

“Comezamos a tempada coa compañía Alentía Teatro, que nos fará gozar coa obra Maleta aberta, unha comedia familiar chea de fantasía, risas e emoción. Unha obra que nos convida a mirar o teatro como un xogo, unha ferramenta para aprender a escoitar, respectar e convivir mentres nos deixamos levar polas historias que nos contaban os nosos avós e avoas cando eramos nenos”, anuncia o Concello de Barreiros.