Barreiros
San Miguel de Reinante, no concello de Barreiros, celebrará a cuarta edición da súa Festa do Caldo o día 25 de xaneiro, sábado. Será cunha cea a partir das 21:00 horas e despois, desde as 23:00 horas, actuará o dúo Estrellas, con entrada libre.
Levarase a cabo nos colexios vellos de San Miguel e os tickets para participar están á venda só en locais desta localidade ata o 20 de xaneiro. O aforo é limitado.
Este evento está organizado pola Comisión de Festas San Rosendo.
O Concello de Barreiros organiza a súa tradicional Andaina e tamén a Carreira Popular Solidaria de Reis, que terán lugar este domingo, 12 de xaneiro, nas inmediacións do Centro Sociocultural de San Cosme.
A xornada dará comezo ás 10:00 horas coa entrega de dorsais. Ás 11:00 horas terá lugar a saída da andaina solidaria, cun percorrido de 9 km e unha dificultade media-baixa.
Posteriormente, realizaranse as probas infantís, organizadas por categorías e adaptadas ás distintas idades, que se sucederán a partir das 11:10 horas. Finalmente, ás 12:00 horas, dará comezo a carreira absoluta cun percorrido de 8 km.
Dani García, concelleiro de Dinamización e Participación Veciñal, destaca o carácter integrador e solidario desta xornada."Este día celebramos moito máis que unha competición deportiva...
leer másA Comisión de Festas de Vilamar, en Barreiros, organiza a décimo terceira edición da súa Festa dos Callos o día 11 de xaneiro, sábado, ás 21:30 horas no Campo da Festa. Será nun local cerrado con calefacción. Estará amenizada coa música do grupo Montreal e o DJ Conxuro.
Para participar hai que reservar a través dos teléfonos 600.804.986 ou 699.252.824. O prazo remata o día 7 de xaneiro.
O Concello de Barreiros anuncia: “as Súas Maxestades de Oriente acaban de comunicarnos a súa visita a Barreiros. Virán o domingo 5. E xa comezarán a visitarnos pola mañá para que lles dea tempo a chegar a todos os recunchos. Lembrade que as horas son aproximadas, que os Magos andan atarefados ese día”.
O percorrido empezará no local social de Vilamar ás 10:15 horas, para continuar polo local social de Cabarcos, a Escola de Gondán, o Teleclub da Rilleira, o local social de San Xusto, o Teleclub de Vilamartín Grande, a Escola de Vilamartín Pequeno e a Escola de Reinante, a onde está previsto que cheguen ás 13:30 horas. E pola tarde percorrerán San Cosme desde a Praza do Concello as 17:30 horas ata o Centro Social, a onde se prevé que cheguen ás 19:00 horas e alí haberá recepción e reparto de agasallos.
“Se aínda non...
leer másO domingo 12 de xaneiro de 2025 a partir das 10:30 horas terá lugar a carreira de Reis, evento deportivo que está organizado pola Concellería de Dinamización e Participación Veciñal do Concello de Barreiros. Colaboran: Protección Civil de Barreiros, A.D. Augas Santas, Colectivo Cultural Ollomao e A.D Praias de Comado. Todas as probas terán a saída nas inmediacións do centro sociocultural de San Cosme de Barreiros.
O prazo de inscrición estará aberto ata o xoves 9 de xaneiro nas web www.maiskmsbarreiros.gal ou www.championchipnorte.com.
O Concello de Barreiros anuncia que “o martes 24 de decembro Papá Noel fará unha parada moi especial en Barreiros. Trae a túa carta, os teus desexos e moitas ganas de pasalo ben! Papá Noel estará encantado de coñecer ás crianzas barreirenses antes desa noite tan máxica. Agardámosvos no centro sociocultural de San Cosme ás 17:00 horas”.
Este domingo, día 22 de decembro, o pavillón de San Cosme de Barreiros acollerá un triangular amigable de fútbol sala. Os equipos participantes, todos de categoría prebenxamín, son:Escolas Deportivas de Barreiros, AD Río Ouro e Ribadeo FS.
O Concello de Barreiros anuncia que “os partidos darán comezo ás 10:00 horas e a partir das 12:30 horas haberá inchables con entrada libre para todas as crianzas que se queiran achegar”.
O Concello de Barreiros, xunto coas ANPAS dos CEIPs de San Cosme e de San Miguel, organizan unha viaxe a XuvenLugo para o venres 27 de decembro, dirixida a nenas e nenos do concello. A excursión inclúe a entrada e a viaxe de balde.
As persoas interesadas en anotar ás súas crianzas na viaxe, teñen para formalizar a inscrición ata o xoves 26 de decembro nas oficinas xerais do Concello.
O Concello de Barreiros explica que “XuvenLugo é un espazo de ocio infantil e xuvenil situado dentro do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo. É un gran espazo cheo de atraccións, inchables, xogos, animacións e deportes para pasar unha tarde moi divertida”.
A saída do autobús será ás 15:00 horas desde diante da Casa do Concello de Barreiros.
O Concello de Barreiros anuncia: “os nosos calendarios anuais xa saíron de imprenta e nos vindeiros días irán chegando ás casas. Para facilitar a operativa, pedímosvos que non pasedes recollelos ata o ano novo, no caso de que non se vos repartira. Durante o 2025 poderemos disfrutar das fotografías dos traballos que sempre se realizaron en Barreiros e poñelos en valor; porque o traballo é o mellor valor dun pobo. Agardamos que os disfrutedes e os usedes!”.
Este domingo, día 15 de decembro, Barreiros será o epicentro do deporte coa final do campionato provincial de campo a través para as categorías de benxamín, alevín, infantil e cadete, anuncia o Concello de Barreiros.
Este evento deportivo terá lugar no campo de fútbol de As Valgas, en San Miguel de Reinante, e dará comezo ás 11:00 horas.