Barreiros

Etiquetas:
12/12/2024

O Concello de Barreiros organiza a gala final do circuíto de carreiras populares +KmsBarreiros, que terá lugar o domingo 22 de decembro ás 19:30 horas nos colexios vellos de San Miguel de Reinante. Durante o evento entregaranse 1.000 eurosen premios así como diferentes obsequios a cada atleta que participase en 4 ou máis probas en categorías absolutas ou en 3 no caso das categorías infantís.

Resultados do circuíto
Logo de celebrárense as 6 carreiras populares que conforman o circuíto; a carreira de Reis (xaneiro), a das Praias (marzo), a 1/2Km Vertical (xullo), a Benquerencia Terra-Mar (agosto), o Trail Monte Comado(outubro) e a carreira Ao Son do Masma(novembro), SoniñaCorral F. proclamouse campioa absoluta feminina con 1119 puntos e,Delio Val Villarino, campión da categoría absoluta masculina con 1180 puntos.

... leer más
Etiquetas:
12/12/2024

A Biblioteca Pública Municipal do Concello de Barreiros vén de convocar o Certame de Poesía e Debuxo Infantil Nadal 2024 na súa fase local de acordo as bases publicadas na web municipal: www.concellodebarreiros.gal.

O prazo de presentación dos traballos remata o día 19 de decembro de 2024, debendo ser entregados polos seus autores na Biblioteca Pública Municipal ou nos colexios do concello.

Os traballos premiados nesta Fase Local, na modalidade de poesía, participarán na Fase Provincial do Certame, convocado pola Biblioteca Pública de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia.

 

10/12/2024

O día 19 de decembro, xoves, Barreiros será a sede do IV Consello Alimentario do Eo, un foro de diálogo e colaboración que reúne a organismos públicos, entidades privadas, especialmente produtores comprometidos coa calidade e coa promoción dun consumo responsable, e á poboación en xeral. Celebrarase nas escolas de San Cosme de Barreiros desde as 10:30 horas.

O Concello de Barreiros explica que “os obxectivos principais deste consello radican en fomentar a sustentabilidade, apoiar o uso de produtos locais e promocionar o noso territorio. Barreiros vén destacando polo seu compromiso e posta en valor dos produtos locais. Para elo estanse promovendo feitos coma os mercadiños estacionais con produtores da zona, achéganse premios compostos por produtos locais en eventos deportivos e culturais, tamén coa introdución de alimentos de proximidade na...

leer más
05/12/2024

O Concello de Barreiros anuncia que o domingo 15 de decembro ás 19:00 horas “chega ao centro sociocultural de San Cosme una obra de luxo, Castelao”. Con entrada de balde ata completar aforo.

“Castelao é unha figura capital da historia das artes en Galicia e con esta proposta escénica coñeceremos un Castelao de oito anos, feliz, alegre e aventureiro, que pasa en Rianxo as súas últimas horas antes de embarcar cara a Arxentina coa súa nai. Esta obra, que está dirixida a un público familiar, conta cun gran equipo: texto de Paula Carballeira, dirección de Fina Calleja e con Mónica Camaño e Cris Collazo en escena”, destaca o Concello de Barreiros.

Etiquetas:
03/12/2024

O Mercadiño no Nadal de Barreiros, que se celebrará este domingo, día 8 de decembro, de 11h a 20 horas inclúe numerosas actividades, como actuacións musicais, degustación, obradoiros e sorteos.

O Concello anuncia o programa de actividades: “ás 11:00 horas apertura dos postos coa actuación do grupo de gaitas da A.F. O Arco da Vella; ás 12:00 horas o grupo Condensadores de fluzo seguirá co fío musical do Mercadiño; de 12:00 a 14:30 horas contaremos cunha food truck da Federación de razas autóctonas de Galicia (Boaga), na que degustaremos distintas elaboracións realizadas con produtos de produtores locais (Faba de Lourenzá con Galiña de Mos, croqueta de cordeiro de raza Ovella Galega e hamburguesa de poldro de Pura Raza Galega); será de balde previa compra nalgún dos postos do mercadiño; ás 16:00 horas será o taller de coroas de Nadal...

leer más
Etiquetas:
27/11/2024

O Club de Fútbol Celta Barreiros e a comparsa Os Macanudos organizan un xantar baile que se celebrará este domingo, día 1 de decembro, no polideportivo de San Cosme de Barreiros.

As actividades da xornada comezarán ás 13.30 horas con sesión vermú; ás 14:30 horas empezará o xantar e continuación haberá baile. A música correrá a cargo de Conxuro Discomovil e haberá sorteos e sorpresas.

Etiquetas:
27/11/2024

O domingo 8 de decembro daranse cita na Praza do Concello de Barreiros unha trintena de postos acompañados de diversas actividades relacionadas co Nadal, nos que a veciñanza e visitantes poderán gozar dunha xornada festiva de 11 a 20 horas.

O evento contará con carpa e realizaranse diversas degustacións ao longo do día.

Estará organizado pola Concellería de Dinamización e Participación Veciñal do Concello de Barreiros contando co financiamento da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Etiquetas:
26/11/2024

Este domingo, día 1 de decembro, ás 19:00  horas no Centro Sociocultural de San Cosme de Barreiros será representada a obra teatral “Novo Amencer” a cargo do grupo Achádego, de Lugo.

O Concello de Barreiros explica que “todas as persoas estamos un pouco perdidas, buscando algo ao que aferrarnos e que lle dea sentido as nosas vidas, o problema é que hai moitas opcións e non sempre escollemos a axeitada. Novo Amencer é unha comedia que pon o foco nas falsas crenzas, nos líderes de barro, na inocencia e naqueles que se aproveitan dela para o seu propio beneficio. Unha divertida crítica distópica ambientada nunha comunidade moi peculiar na que non hai ninguén normal, como na vida mesma”.

A entrada será de balde e ata completar aforo.

Etiquetas:
22/11/2024

O Concello de Barreiros organiza para os días 24 e 25 de novembro, domingo e luns, actividades polo Día internacional da eliminación da violencia contra a muller, nas que convidan a toda a veciñanza a participar.

Este domingo, día 24 de novembro ás 18:00 horas no centro sociocultural de San Cosme terá lugar a proxección do documental "En deuda con todas. A loita pola despenalización do aborto no Salvador. O dereito a decidir sobre os nosos corpos. Cuestión de xustiza". Logo da proxección seguirase cun espazo de reflexión para coñecer as distintas realidades e contextos sobre os dereitos sexuais e reprodutivos, particularmente de persoas integrantes dalgún colectivo, organización ou movemento de mulleres, feminista e LGBTIQ+. Esa mesma tarde, no centro sociocultural, inaugurarase a exposición fotográfica "Elas deciden: mulleres do mar de El...

leer más
22/11/2024

Este domingo, día 24 de novembro, o concello de Barreiros acollerá no campo de fútbol de As Valgas (San Miguel de Reinante) o Campionato Comarcal da Mariña de Campo a Través para as categorías de benxamín, alevín, infantil e cadete.

A proba está organizada pola Agrupación Deportiva da Mariña no marco do programa Xogade, da Xunta de Galicia, e conta coa colaboración do Concello de Barreiros, Protección Civil de Barreiros, Eroski Barreiros e Iberia Club de Fútbol.