
O día 8 do setembro, luns, abriranse as inscricións para as escolas deportivas municipais de adultos en Barreiros, que comezarán a actividade o 1 de outubro, mércores.
Unha tempada máis o Concello de Barreiros pon en marcha o programa de actividades deportivas para persoas adultas. O prazo de inscrición comeza o luns 8 de setembro e a oferta para esta tempada é: Ximnasia, Ioga suave, Ioga vivo, Pilates, Espalda saudable, Zumba e Baile.
As clases desenvolveranse desde o 1 de outubro de 2025 ata o 28 de maio de 2026, agás a actividade de baile que se estenderá ata o 20 de xuño de 2026.
Pode consultarse toda a información sobre horarios, prezos e inscricións na web municipal: https://www.concellodebarreiros.gal/gl/servizos/deportes.