Organizan unha excursión desde San Xusto (Barreiros) ás Rías Baixas o 13 de setembro

A asociación veciñal San Pastor, de San Xusto (Barreiros) organiza unha excursión ás Rías Baixas para o día 13 de setembro, sábado. A saída será ás 07:15 horas desde o Centro Social de San Xusto.

O prezo son 95 euros e inclúe a viaxe en autobús, o almorzo, visitas a Cambados e a Combarro e mariscada.