Barreiros
A Comisión de Festas de Vilamar, en Barreiros, organiza a décimo terceira edición da súa Festa dos Callos o día 11 de xaneiro, sábado, ás 21:30 horas no Campo da Festa. Será nun local cerrado con calefacción. Estará amenizada coa música do grupo Montreal e o DJ Conxuro.
Para participar hai que reservar a través dos teléfonos 600.804.986 ou 699.252.824. O prazo remata o día 7 de xaneiro.
O Concello de Barreiros anuncia: “as Súas Maxestades de Oriente acaban de comunicarnos a súa visita a Barreiros. Virán o domingo 5. E xa comezarán a visitarnos pola mañá para que lles dea tempo a chegar a todos os recunchos. Lembrade que as horas son aproximadas, que os Magos andan atarefados ese día”.
O percorrido empezará no local social de Vilamar ás 10:15 horas, para continuar polo local social de Cabarcos, a Escola de Gondán, o Teleclub da Rilleira, o local social de San Xusto, o Teleclub de Vilamartín Grande, a Escola de Vilamartín Pequeno e a Escola de Reinante, a onde está previsto que cheguen ás 13:30 horas. E pola tarde percorrerán San Cosme desde a Praza do Concello as 17:30 horas ata o Centro Social, a onde se prevé que cheguen ás 19:00 horas e alí haberá recepción e reparto de agasallos.
“Se aínda non...
leer másO domingo 12 de xaneiro de 2025 a partir das 10:30 horas terá lugar a carreira de Reis, evento deportivo que está organizado pola Concellería de Dinamización e Participación Veciñal do Concello de Barreiros. Colaboran: Protección Civil de Barreiros, A.D. Augas Santas, Colectivo Cultural Ollomao e A.D Praias de Comado. Todas as probas terán a saída nas inmediacións do centro sociocultural de San Cosme de Barreiros.
O prazo de inscrición estará aberto ata o xoves 9 de xaneiro nas web www.maiskmsbarreiros.gal ou www.championchipnorte.com.
O Concello de Barreiros anuncia que “o martes 24 de decembro Papá Noel fará unha parada moi especial en Barreiros. Trae a túa carta, os teus desexos e moitas ganas de pasalo ben! Papá Noel estará encantado de coñecer ás crianzas barreirenses antes desa noite tan máxica. Agardámosvos no centro sociocultural de San Cosme ás 17:00 horas”.
Este domingo, día 22 de decembro, o pavillón de San Cosme de Barreiros acollerá un triangular amigable de fútbol sala. Os equipos participantes, todos de categoría prebenxamín, son:Escolas Deportivas de Barreiros, AD Río Ouro e Ribadeo FS.
O Concello de Barreiros anuncia que “os partidos darán comezo ás 10:00 horas e a partir das 12:30 horas haberá inchables con entrada libre para todas as crianzas que se queiran achegar”.
O Concello de Barreiros, xunto coas ANPAS dos CEIPs de San Cosme e de San Miguel, organizan unha viaxe a XuvenLugo para o venres 27 de decembro, dirixida a nenas e nenos do concello. A excursión inclúe a entrada e a viaxe de balde.
As persoas interesadas en anotar ás súas crianzas na viaxe, teñen para formalizar a inscrición ata o xoves 26 de decembro nas oficinas xerais do Concello.
O Concello de Barreiros explica que “XuvenLugo é un espazo de ocio infantil e xuvenil situado dentro do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo. É un gran espazo cheo de atraccións, inchables, xogos, animacións e deportes para pasar unha tarde moi divertida”.
A saída do autobús será ás 15:00 horas desde diante da Casa do Concello de Barreiros.
O Concello de Barreiros anuncia: “os nosos calendarios anuais xa saíron de imprenta e nos vindeiros días irán chegando ás casas. Para facilitar a operativa, pedímosvos que non pasedes recollelos ata o ano novo, no caso de que non se vos repartira. Durante o 2025 poderemos disfrutar das fotografías dos traballos que sempre se realizaron en Barreiros e poñelos en valor; porque o traballo é o mellor valor dun pobo. Agardamos que os disfrutedes e os usedes!”.
Este domingo, día 15 de decembro, Barreiros será o epicentro do deporte coa final do campionato provincial de campo a través para as categorías de benxamín, alevín, infantil e cadete, anuncia o Concello de Barreiros.
Este evento deportivo terá lugar no campo de fútbol de As Valgas, en San Miguel de Reinante, e dará comezo ás 11:00 horas.
O Concello de Barreiros organiza a gala final do circuíto de carreiras populares +KmsBarreiros, que terá lugar o domingo 22 de decembro ás 19:30 horas nos colexios vellos de San Miguel de Reinante. Durante o evento entregaranse 1.000 eurosen premios así como diferentes obsequios a cada atleta que participase en 4 ou máis probas en categorías absolutas ou en 3 no caso das categorías infantís.
Resultados do circuíto
Logo de celebrárense as 6 carreiras populares que conforman o circuíto; a carreira de Reis (xaneiro), a das Praias (marzo), a 1/2Km Vertical (xullo), a Benquerencia Terra-Mar (agosto), o Trail Monte Comado(outubro) e a carreira Ao Son do Masma(novembro), SoniñaCorral F. proclamouse campioa absoluta feminina con 1119 puntos e,Delio Val Villarino, campión da categoría absoluta masculina con 1180 puntos.
A Biblioteca Pública Municipal do Concello de Barreiros vén de convocar o Certame de Poesía e Debuxo Infantil Nadal 2024 na súa fase local de acordo as bases publicadas na web municipal: www.concellodebarreiros.gal.
O prazo de presentación dos traballos remata o día 19 de decembro de 2024, debendo ser entregados polos seus autores na Biblioteca Pública Municipal ou nos colexios do concello.
Os traballos premiados nesta Fase Local, na modalidade de poesía, participarán na Fase Provincial do Certame, convocado pola Biblioteca Pública de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia.












