Barreiros

Etiquetas:
31/07/2023

Esta mañá deu comezo unha nova edición do campus de fútbol organizado polo Celta de Vigo e o Concello de Barreiros coa colaboración dos equipos de fútbol locais, C.F. Celta Barreiros e o Ibería C.F. que ceden as súas instalacións para o desenvolvemento do mesmo.

Con récord de participación e o 100% das prazas cubertas, 60 nenas e nenos foron recibidas esta mañá no campo de fútbol de As Valgas pola alcaldesa, Ana Ermida; o concelleiro de dinamización e participación veciñal, Dani García; e o coordinador do campus, Martín Varela. 

Ás 9:30 horas recibiron a equipación completa de adestramento e xa comezaron a tocar balón e facer os primeiros exercicios e xogos que os adestradores tiñan preparados para esta primeira xornada.

Un ano máis, o Concello de Barreiros asume un desconto de 32€ para...

leer más
27/07/2023

Presentouse na Praza de San Marcos o XL Festival Folclórico Internacional do Emigrante, que se celebrará o 5 de agosto en San Miguel de Reinante, en Barreiros,  e que conta co apoio da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Ensemble Nicola Tesla de Belgrado (Serbia), Grupo Danses El Raval de Vila-Real (Castellón) e a Asociación Folclórica O Arco da Vella, organizadora do encontro xunto ao Concello de Barreiros, actuarán nesta mostra internacional que  é un referente festivo e cultural para a veciñanza de Barreiros e da comarca e que conta coa distinción de Festa de Interese Turístico Galego.

O deputado de Medio Rural, do Mar e Mocidade Daniel García, a deputada de Cultura Iria Castro,  a alcaldesa de Barreiros  Ana Ermida e integrantes de O Arco da Vella participaron no acto de presentación no...

leer más
27/07/2023

A presentación da novena edición da carreira “Benquerencia Terra Mar” foi realizada polos membros da Asociación Augas Santas Barreiros xunto con Daniel García, concelleiro de dinamización e deputado provincial e Manuel Otero, delegado provincial de deportes da Xunta de Galicia.

Esta carreira, organizada conxuntamente pola Asociación Augas Santas e o Concello de Barreiros, está incluída no circuíto +kmsBarreiros, promovido polo Concello para promocionar todas as carreiras que se realizan no termo municipal, sendo esta a súa cuarta proba da presente edición.

A cita do vindeiro 6 de agosto, ademais da carreira absoluta, contará con carreiras infantís.

A saída de tódalas categorías terá lugar en Benquerencia, na transversal entre Rúa de Lugo e a Rúa do Pinar (mesmo lugar que a edición...

leer más
Etiquetas:
17/07/2023

A presentación da novena edición da  carreira 1/2 km Vertical Monte Comado foi realizada polos membros da Asociación Praias de Comado xunto con Daniel Gacía, concelleiro de dinamización e deputado provincial e Manuel Otero, delegado provincial de deportes da Xunta de Galicia.

Esta carreira, organizada conxuntamente por dita asociación máis o Concello de Barreiros está incluída no circuito +kmBarreiros, promovido polo Concello para promocionar todas as carreiras que se realizan no termo municipal, sendo esta a súa terceira proba da presente edición. A cita do vindeiro 22 de xullo, ademáis da Carreira 1/2 km vertical, contará con carreiras infantís e unha andaina. 

A saída da carreira vertical será ás 11h dende a praia de Arealonga, tendo a meta situada no cumio de Monte Comado. En pouco máis de 3,5 kms os...

leer más
30/06/2023
O Centro Sociocultural de Barreiros será o lugar de encontro o próximo 7 de xullo ás 8 da tarde para a conferencia "Os Ollos da Deusa Primeira. Pegadas das relixións antigas", impartida polo recoñecido antropólogo José Luis Cardero.
 
A conferencia "Os Ollos da Deusa Primeira" é organizada pola asociación socio-cultural Mariña Patrimonio e a asociación cultural Irmandade de Santo Estevo do Ermo, co apoio do Concello de Barreiros e a Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
 
José Luis Cardero é licenciado e doutorado en Ciencias Políticas e Socioloxía pola Universidade Complutense de Madrid. É especialista en Antropoloxía Social e Cultural ademais de socio honorario da Sociedade Antropolóxica Galega. Como investigador incide na hermenéutica...
leer más
28/06/2023

A asociación Camiñantes e Camiños, de Barreiros, organiza un ano máis a Romaría de Santo Estevo do Ermo, que terá lugar este sábado, 1 de xullo. 

O presidente do colectivo, José Manuel Gómez Puente, explica que “a Romaría de Santo Estevo do Ermo é unha tradición de moitos anos que os veciños e veciñas de Barreiros teñen moi presente e por iso desde a asociación Camiñantes e Camiños e Sanbet Agencia organizamos neste 2023 e propoñemos un sábado cheo de actividades”. 

O programa deseñado para o 1 de xullo é o seguinte: “comezaremos cunha ruta de sendeirismo ás dez da mañá. Os participantes recibirán como agasallo un sombreiro. Á unha do mediodía teremos misa cantada polo Coro Airiños do Mar e logo procesión. Despois ás 13:30 horas actuación dos gaiteiros Souto Xímaro á que seguirá a sesión vermú as 14:00 horas con...

leer más
Etiquetas:
21/06/2023
O Concello de Barreiros presenta o seu novo Programa de Visitas Guiadas Barreiros queda en ti para este verán con novas propostas respecto ás anteriores edicións.
A través de percorridos de diferentes temáticas e en diferentes localizacións do municipio, tanto de interior como de costa, preténdese sacar á luz a esencia do territorio, amosando a súa riqueza cultural, ambiental e xeolóxica así como as formas de vida das súas xentes. 
 
Segundo Ana Ermida, Alcaldesa e Concelleira de Turismo, “en Barreiros contamos con numerosos recursos turísticos dos que estar orgullosos, tanto pola súa beleza como polos seus valores e este programa danos a oportunidade de achegarnos a eles dunha forma máis completa”.
 
Así, desta vez, contaremos coas seguintes cinco propostas con posibilidade de participación tanto en xullo como en agosto: ...
leer más
19/06/2023

Un verán máis, desde o Concello de Barreiros, poñen en marcha o programa #MoVernosNoVerán2023. 

Trátase dun programa que conta con tres propostas distintas, pero combinables entre si e co que sumar actividade física entre a mocidade (maiores de 12 anos) e as persoas adultas.

Son: espalda saudable, que se impartirá os xoves ás oito e media da tarde nos colexios vellos de San Miguel; e os luns ás dez e media da mañá no centro sociocultural San Cosme; ximnasia de mantemento os mércores ás dez e media en San Miguel e os martes á mesma hora en San Cosme; e ioga os luns ás sete e media da tarde en San Miguel e os mércores ás oito e media da tarde en San Cosme. 

O xeito para #anotarse vai ser de maneira presencial no Rexistro do Concello de Barreiros desde este luns,19 de xuño, (de 8:30 a 15:30...

leer más
30/05/2023

O Concello de Barreiros organiza os Campamentos de Verán para crianzas nadas entre o 1 de xaneiro de 2011 e o 31 de decembro de 2019. Desenvolveranse do 1 de xullo ao 31 de agosto, de 9:30 a 13:30 horas de luns a venres.

As actividades levaranse a cabo en quendas de quince días naturais. A primeira será do 1 ao 15 de xullo, seguida do 16 ao 31 de xullo, do 1 ao 15 de agosto e, finalmente do 16 ao 31 de agosto. Ademais, para facilitar a conciliación familiar, amplíase o horario de entrada de 9:00 a 9:30, para aquelas familias que o precisen antes do comezo oficial do campamento.

As persoas interesadas poden formalizar a inscrición xa a través da web municipal www.concellodebarreiros.gal e das redes sociais.

Nos campamentos haberá xogos,...

leer más
Etiquetas:
27/05/2023

Dende Mariña Patrimonio explican: “viñemos organizando visitas nos últimos anos polos diferentes concellos da Mariña. Estas visitas permitíronnos coñecer un valioso patrimonio ao que sería máis difícil acceder sen este tipo de actividades. Unhas actividades que foron acollidas con interese durante todo este tempo por un bo número de persoas”.

E subliñan: “da Mariña só nos queda por achegarnos ao concello de Barreiros, co que pecharemos o ciclo das visitas que tiñamos previsto realizar. Debido a que se trata da última excursión desta serie, queriamos que fose algo especial. Por iso, pareceunos unha boa idea organizar esta visita para o 10 de xuño, data na que os nosos amigos e compañeiros da Irmandade Augas Santas Sto. Estevo do Ermo de Barreiros organizan o X Festival Augas Santas, coa súa festa gastronómica do porquiño ao espeto”.

... leer más