Barreiros
O domingo día 13 de outubro terá lugar unha nova edición dos mercadiños estacionais que organiza o Concello de Barreiros e que “volverá encher a Praza do Concello de postos e actividades nos que a veciñanza poderá disfrutar dunha xornada festiva de compras nos distintos postos de artesanía e alimentación. Tamén volveremos desfrutar das saborosas degustacións de produtos de porco celta, coas mini hamburguesas que tan bo éxito tiveron no anterior mercadiño de primavera e tamén, como novidade neste mercadiño, poderemos degustar croquetas e empanadillas que se elaboran desde fai pouco tempo en Barreiros e que se poderá acompañar doutro produto feito neste concello, a cervexa artesá Augas Santas fabricada en San Xusto”, anuncia o Concello.
Haberá actividades para todos os públicos, música en directo, as xa habituais actividades da tarde para...
leer másO Concello de Barreiros anuncia: “viaxamos a Compostela para ver Terceiro Acto, unha produción do Centro Dramático Galego, o domingo 6 de outubro, desde a Praza do Concello. Hai 25 prazas e para anotarte chama ao 982.124.002 ou escribe a administracion@concellodebarreiros.gal. A admisión será por rigorosa orde de apuntamento. A actividade ten un custo de 5€ por persoa que se recadará no propio día da viaxe”.
A saída desde Barreiros será ás 14:45 horas e a función en Santiago empezará ás 18:00 horas.
Barreiros acollerá a partir desta fin de semana un curso sobre iniciación á apicultura e preparación das colmeas para o inverno, promovido pola área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
A formación, gratuíta e impartida por persoal da Casa do Mel de Goente, desenvolverase os días 5, 6, 19 e 20 de outubro na escola de Celeiro de Mariñaos, cunha parte teórica e unha parte práctica – nun colmeal da Rexa - na que se abordarán tarefas como a retirado do mel excedente, o control do alimento para a supervivencia ou a colocación de tratamentos. As persoas interesadas en asistir teñen que anotarse no enderezo casadomel@vodafone.es ou no teléfono 661003616.
O curso, que conta coa colaboración do Concello de Barreiros, inclúese nun programa de formación en...
leer másO venres 11 de outubro chega a San Miguel de Reinante "Cóntoche un traxe", da man de Montse Rivera. Será ás 17:30 horas nos colexios vellos, con entrada gratuíta.
É unha actividade organizada pola asociación O Arco da Vella, que anuncia: “mergúllate nesta viaxe no tempo para descubrir como era o vestiario dos nosos tátara-tátara-avós. A narración de Montse estará acompañada de cantigas referidas ás pezas de roupa que os vestían, poemas de grandes da literatura galega e proxección de imaxes de traxes tradicionais e materiais cos que se fabrican as teas. E ao final do camiño, catro participantes acabarán vestidos como os nosos ancestros”.
O Concello de Barreiros volve a ofertar clases de baile a partir de outubro. Realizaranse os mércores de 17:30 a 18:30 horas nos colexios vellos de San Miguel e de 19 a 20 horas no centro sociocultural de San Cosme. As clases estarán orientadas á iniciación nos bailes de verbena con modalidades como tango, bachata, salsa, vals, etcétera.
As clases serán impartidas por María Dolores González Alves, profesional recoñecida con anos de experiencia no baile e a docencia. Terán un prezo por persoa de 15 euros o mes e comezarán o día 2 de outubro. Toda persoa interesada deberá facer a inscrición nas oficinas do Concello de Barreiros ata completar prazas.
A actividade de baile súmase ás de ximnasia de mantemento, ioga, pilates, zumba e espalda saudable, actividades ofertadas nas escolas deportivas de adultos que se...
leer másSerá ás cinco da tarde nas antigas escolas do Canteiro.
Manuel Rivero, autor do libro Universo Aurora e estudoso deste científica e divulgadora barreirense, explica que “os Bítere dánselle a unha persoa que destaque no mundo da ciencia, da cultura ou da comunicación. Neste caso, unha persoa que visibilize o que foi a muller no campo da ciencia. Por iso este ano vai a catedrática de matemáticas da Universidade do País Vasco Marta Macho-Stadler. Quizais sexa a figura mais significativa para visibilizar á muller, para relembrar á muller no mundo da ciencia, a través do se blog Mujeres con ciencia. Con frecuencia Marta cita á escritora Marion Carre por cada científica que olvidamos, hay centenares que no nacen. E o caso da Aurora Sampedro era un caso moi similar. Aurora, fai un ano e pico era totalmente esquecida e hoxe afortunadamente xa...
leer másO Concello de Barreiros abriu este mércores, 18 de setembro, o prazo para matricularse nas actividades deportivas ofertadas desde as Escolas Deportivas Municipais (EDM) de persoas adultas (maiores de 16 anos) para a tempada 2024-2025. O período de inscrición estará aberto ata o 25 de setembro e as actividades comezarán o 30 deste mes.
Haberá estas actividades: espalda saudable, ximnasia de mantemento, ioga suave e intenso, zumba, pilates e baile.
As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición no rexistro municipal do Concello de Barreiros. No caso de que o número de inscricións supere ao de prazas dispoñibles, terán preferencia as persoas empadroadas en Barreiros.
A comisión de festas da parroquia de Cabarcos, no concello de Barreiros, organiza churrascada e verbena para o día 20 de setembro, venres.
A churrascada, que é aberta a todo o público, empezará ás 21:30 horas. E despois terá lugar a verbena coa orquestra La Fórmula e a discoteca móbil Alejandro Martínez.
A organización anuncia que haberá mesas e cadeiras para a churrascada e que o recinto estará cuberto con carpa.
A asociación Adega anuncia: “o sábado 21 de setembro realizaremos un Roteirríos na Mariña Lucense. Roteirríos é un programa de itinerarios que pretende unir ríos e persoas nun ambiente lúdico e que se desenvolve dentro do Proxecto Ríos. Achegarémonos a coñecer a contorna do Regato de Santo Estevo de Ermo, un dos principais afluentes do río Masma. Poderemos coñecer e observar os valores naturais e patrimoniais que ofrece este enclave, así como as accións de custodia do territorio que desenvolven as entidades Mariña Patrimonio, Fundación Eira da Xoana e a Irmandade de Santo Estevo”.
Tamén explican: “entre as actividades previstas, ademais do roteiro, faremos unha visita á finca de custodia; achegarémonos á ermida de Santo Estevo do Ermo e á fervenza; tamén aproveitaremos para realizar unha inspección do Proxecto Ríos e coñecer o estado de...
leer másO Concello de Barreiros organiza unhas xornadas de portas abertas para dar a coñecer as actividades das súas escolas deportivas para a tempada 2024/25. Serán desde o luns 16 ata o xoves 19 de setembro.
“Convidámosvos a descubrir as actividades deportivas que temos preparadas para esta nova tempada! Se tes fillos/as con interese en deportes como atletismo, fútbol sala, patinaxe, karate ou skate achégaos para que poidan probar estas disciplinas, coñecer ao monitorado e resolver calquera dúbida ou información que precises. Unha oportunidade perfecta para que as máis pequenas/os se inicien no deporte dun xeito divertido e saudable. Logo, xa en abril, organizaremos unha xornada de portas abertas de surf na praia de Coto. E non esquezas, as inscricións estarán abertas ata o 24 de setembro”, anuncia o Concello de Barreiros.












