Barreiros
As Escolas Vellas de San Cosme de Barreiros (Anexo do edificio do Concello) acollerán o domingo 30 de marzo (19:00 horas) unha conferencia sobre os resultados do proxecto de escavación en Santo Estevo do Ermo, impulsada por Mariña Patrimonio, a Fundación Eira da Xoana e a Irmandade de Santo Estevo coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e do Concello de Barreiros.
O director da escavación Francisco Alonso Toucido encargarase deste acto divulgativo en que fará o balance das sondaxes e catas que realizaron o pasado mes de outubro, enfocadas en localizar os restos da igrexa e as cabanas das eremitas que fontes históricas escritas ubican neste lugar desde o século XII.
O deputado Daniel García, que visitou o xacemento nas últimas semanas xunto coa alcaldesa Ana Ermida, o concelleiro Dámaso Ratoeira...
leer másA parroquia de Celeiro de Mariñaos, no concello de Barreiros, celebrará a terceira edición da Festa do Veciño o día 5 de abril, sábado.
Haberá cea a partir das 21:30 horas e para participar as entradas véndense anticipadamente en Bar Xunqueira (Vilamar) e Casa Lozano (Celeiro) ata o 30 de marzo.
Despois da cea o baile estará amenizado por José Manuel, de Abanico.
Este evento está organizado pola Asociación de Veciños de Celeiro de Mariñaos, que destaca que para a celebración desta festa disporán de carpa.
A terceira edición das Xornadas Etnográficas da Mariña celebrarase en Barreiros desde o 30 de maio ata o 1 de xuño.
Haberá encontros, monográficos, exposicións, mostra etnográfica, concertos, foliada e moito máis.
Estas xornadas están organizadas por Tecedeira, que é un é un proxecto de investigación, compilación e divulgación das músicas de tradición oral. E conta co apoio da Área de Mocidade da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
Este venres, día 14 de marzo, ás 11:30 horas o Concello de Barreiros inaugurará a exposición titulada Mulleres por Mulleres na carpa da Praza do Concello, en San Cosme. É unha mostra que recolle as historias de vida de 12 mulleres barreirenses, poñendo en valor os seus logros e achegas.
Esta exposición estará na Praza do Concello de Barreiros ata o 31 de marzo e a partir de abril trasladarase aos centros escolares para que o alumnado coñeza ás mulleres protagonistas destas historias.
A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) organiza un roteiro por Barreiros para este domingo, día 16 de marzo. Para participar hai que reservar a praza antes do venres 14 de marzo ás 13 horas.
ADEGA anuncia: “o vindeiro domingo 16 de marzo achegarémonos ata a Mariña lucense para coñecer a mina de ouro da Cova, situada no entorno da ría de Foz, e xa pola tarde achegarémonos ata a fraga de Santo Estevo do Ermo, en Barreiros. O percorrido pola ría é de 6 quilómetros (dificultade baixa) e o de Santo Estevo, 2 quilómetros (dificultade media). A ruta iniciarase en Viladaíde, onde deixaremos os coches e dende onde comezaremos a camiñada cara á ribeira da ría de Foz. Neste tramo, faremos unha pequena travesía pola zona intermareal, seguindo un percorrido con fermosas vistas da ría ata chegar á zona da mina romana de ouro da Cova. Ao...
leer másO Concello de Barreiros organiza durante este mes de marzo varias accións para celebrar o Día Internacional da Muller “promovendo a igualdade e visibilizando o papel fundamental das mulleres na sociedade”.
Este ano, en colaboración co obradoiro de emprego de dinamización que comparte co Concello de Ribadeo, levará a cabo varias actividades aos centros escolares.
No CEIP de San Cosme, este venres, 7 de marzo, ás 11:00 crearase a Árbore da igualdade. O alumnado do centro vestirá unha das árbores do recinto escolar para transformala nunha árbore da igualdade. As nenas e nenos tamén elaborarán pancartas e mensaxes de igualdade e apoio á muller que pendurarán da árbore simbolizando o seu compromiso cunha sociedade máis xusta e equitativa.
Os nenos e nenas do CEIP de San Miguel, xunto...
leer másLa segunda etapa de la peregrinación a Santiago de Compostela organizada por la asociación Amigos Camino del Mar hará el recorrido de Barreiros a Fazouro este domingo, día 9 de marzo. Para participar hay que apuntarse antes del jueves.
La organización anuncia: “saldremos a las 9:15 horas del restaurante Asador, en Barreiros, en dirección a A Ponte Vella, de Fazouro (Foz). Esta etapa es de unos 19 kilómetros aproximadamente. Caminaremos por lugares que aparecen en la documentación histórica vinculada a la peregrinaciones en siglos pasados: capilla de A Espiñeira, Iglesia de Vilaronte, Capilla del Carmen, Basílica de San Martiño, Bispo Santo, Marzán,... y A Ponte Vella, cerca de la Iglesia de Santiago, de Fazouro. Sellaremos nuestras credenciales en un lugar emblemático de Foz, de la Mariña, de Galicia, y de España: en la Basílica de San...
leer másEste venres, día 28 de febreiro, dá comezo a programación da Feira do San Rosendo 2025 ás 20:00 horas coa segunda edición da degustación de tapas elaboradas a base de carne de poldro de Pura Raza Galega polos bares de San Miguel, financiada pola Área de Medio Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través do seu programa Un gusto de rural, un rural degusto.
O sábado, 1 de marzo, haberá misa con procesión ás 13:00 horas, seguida da actuación da sección infantil da Agrupación Folclórica O Arco da Vella. Ao remate, sesión vermú co conxunto viveirense Escolma de Meus. Xa pola tarde, ás 18:00 horas, disputarase un torneo aberto de billarda nas inmediacións da festa. Á noite, máis tapas de carne de poldro e verbena dende as 22:00 horas coa orquestra Los Satélites.
O domingo 2, día grande, a partir das...
leer másA actividade de Surf das Escolas Deportivas Municipais de Barreiros abre o prazo de inscrición o vindeiro luns, 3 de marzo. Están dirixidas á rapazada de 8 a 16 anos e darán comezo o mércores 2 de abril na praia de Coto. Desenvolveranse ata o xoves 26 de xuño mércores e/ou xoves de 17:00 a 18:30 horas, con monitores titulados.
A folla de inscrición é a mesma que a empregada en setembro e está dispoñible na web municipal (...
leer másO Concello de Barreiros, a través da súa Concellería de Dinamización, presentou este xoves a programación do Entroido Barreiros 2025, “unha proposta chea de diversión, participación e tradición na que teñen cabida actividades para todas as idades”. As actividades desenvolveranse os días 2, 5 e 7 de marzo.
Dará comezo o domingo 2 de marzo coa Festa Infantil de Entroido que terá lugar no centro sociocultural de San Cosme de 17 a 20 horas. A cativada poderá gozar dunha tarde “chea de cor e fantasía con animación musical, xogos, baile e agasallos para as persoas que acudan disfrazadas. O espazo contará unha decoración especial elaborada polo obradoiro de emprego”.
O mércores 5 de marzo, o Concello de Barreiros organiza un Obradoiro Infantil de Disfraces como medida de conciliación familiar neses días non lectivos....
leer más