Barreiros
O Concello de Barreiros organiza actividades para celebrar o Entroido o mércores 18 e o venres 20 de febreiro e anuncia que “o Entroido volve a Barreiros cunha programación chea de alegría, disfraces e ganas de pasalo ben, con dúas citas imprescindibles para pequenas e grandes”.
O mércores 18 de febreiro haberá unha festa infantil de Entrodio no CEIP de San Cosme de 9:30 a 13:30 horas: “un espazo pensado para a cativada, con música, xogos e merenda típica do Entroido incluída. Inscricións abertas ata o 16 de febreiro, cun tope de 60 prazas”.
E o venres 20 celebrarase o Desfile de Entroido, con saída ás 21:00 horas desde a Praza do Concello. “Comparsas, charangas, grupos e disfraces individuais volverán encher as rúas de San Cosme de cor, creatividade e bo humor. Como novidade, contaremos con pulpería, tanto ao...
leer másA parroquia de San Xusto, no municipio de Barreiros, celebrará a Festa do Cocido o día 7 de febreiro, sábado.
Será no Centro Social e haberá sesión vermú, amenizada polo dúo Principal, desde as 13:30 horas. E a continuación comezará a comida.
O aforo é limitado e o prazo para reservar remata o 2 de febreiro.
A aula CeMIT de Barreiros será unha das sedes nas que se celebrará o exame para a obtención da certificación galega en competencias dixitais ComDix, no seu nivel iniciación. A convocatoria oficial das probas foi publicada este pasado venres, 16 de xaneiro, no Diario Oficial de Galicia (DOG). O prazo de inscrición permanecerá aberto desde o luns 19 ata o mércores 28 de xaneiro. No caso de Barreiros o exame terá lugar o mércores 25 de febreiro ás 10:00 horas na aula CeMIT, situada no Teleclub de San Cosme.
A certificación ComDix é a certificación galega en competencias dixitais promovida pola Administración galega e baseada no Marco Europeo de Competencias Dixitais (DigComp) que acredita as habilidades dunha persoa no uso das tecnoloxías dixitais, tanto a nivel persoal como profesional. Toda a información relativa á convocatoria, requisitos...
leer másO día 31 de xaneiro, sábado, ás 18:00 horas os Colexios Vellos de San Miguel de Reinante acollerán unha charla coloquio titulada Furnas do concello de Barreiros. Toponimia e curiosidades xeolóxicas da costa.
Está organizada polo Seminario de Estudos Os Espigueiros, de San Miguel de Reinante, e participarán os espeleólogos Xurxo Lorenzo e Javi Fouz.
O Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros, representará en Ribadeo a obra teatral Dona Clara, inspirada en A visita da vella dama, de Friedrich Dürrenmatt. Será este domingo, día 18 de xaneiro, ás 20:00 horas no Auditorio Municipal Hernán Naval.
O prezo da entrada é de 3 euros.
A comisión de festas de Vilamar, no municipio de Barreiros, celebrará a súa XIII Festa dos Callos este sábado, día 10 de xaneiro. Será nun local cerrado con calefacción no campo da festa ás 21:30 horas.
O menú está composto por callos, costela asada con pementos e patacas, sobremesa, bebida, café e chupito.
Estará amenizada pola orquestra Los Satélites e DJ Conxuro.
O aforo é limitado e para participar hai que reservar. A data límite é este martes, 6 de xaneiro.
Os Reis Magos visitarán Celeiro de Mariñaos, no municipio de Barreiros, o día 5 de xaneiro, luns, e haberá o espectáculo infantil Quack Circus.
O evento, que empezará ás 17:00 horas nas Escolas, está organizado pola asociación Irmandade San Caetano, que anuncia: “chegan os Reis Magos e, como xa é tradición, deixaranse ver en Celeiro ás 5 da tarde e, unha vez se despidan para seguir polo longo camiño que teñen que facer, teremos un espectáculo circense para pequenos e grandes acompañado dunha espectacular chocolatada e roscón”.
Os Reis Magos farán un percorrido polo municipio de Barreiros o día 5 de xaneiro, luns, desde as 10:30 horas.
O Concello de Barreiros anuncia: “as Súas Maxestades de Oriente confirmáronnos que volven percorrer Barreiros este luns para achegarnos toda a súa maxia e ilusión. Pola mañá, desde as 10:30 horas, visitarán algunhas das parroquias nas que non van estar pola tarde: comezarán o percorrido en Reinante para continuar por Vilamartín Pequeno, Vilamartín Grande, Cabarcos, A Rilleira, San Xusto e Vilamar. E pola tarde percorrerán San Cosme, saíndo ás 17:00 da Praza do Concello, para chegar ás 18:00 horas ao Centro Social. Alí farán a tradicional recepción e reparto de agasallos para todas as nenas e nenos que acudan. Non faltedes e, sobre todo, non esquezades ter todo preparadiño para a noite!”.
A compañía teatral Nao Caracola presentará un espectáculo de monicreques este domingo, día 4 de xaneiro, en Barreiros.
“Chegan os monicreques a Barreiros! O vindeiro domingo, 4 de xaneiro, ás 18 horas nas Escolas Vellas de San Miguel Nao Caracola presenta o seu primeiro espectáculo dirixido a todos os públicos, especialmente recomendado a partir dos 6 anos: Esperta Rinoceronte. Esta obra de monicreques dá vida a unha historia que pon o foco no traballo infantil e, con iso, naquelas persoas cuza existencia coñecemos, pero preferimos ignorar. Esperta Rinoceronte fala sobre a nosa conciencia durmida, sobre a nosa capacidade de mirar para outro lado, sobre o noso consentimento inconsciente que se deixa levar polos brillos cos que se camufla o despropósito. Un despropósito que se estende polo planeta e camúflase como unha impagable maquinaria de desposesión e...
leer másOs Reis Magos serán recibidos en San Miguel de Reinante (Barreiros), cun acto que se celebrará o día 5 de xaneiro, luns, ás 19:00 horas.
A recepción será no pavillón do CEIP San Miguel e actuarán os grupos das escolas da asociación folclórica O Arco da Vella, colectivo que organiza o evento.












