
O Concello de Barreiros organiza unha nova actividade para a cativada, nesta ocasión propón un obradoiro de monicreques de papel e arte natural, no que a imaxinación e a creatividade serán protagonistas.
A actividade terá lugar na Biblioteca Pública Municipal de Barreiros o 23 de setembro, martes, de 16:00 a 17:30 horas.
“Para participar será preciso facer inscrición previa xa que as prazas para este obradoiro son limitadas. Para anotar ás vosas crianzas debedes facelo antes do 17 de setembro na propia biblioteca. Con este tipo de talleres trátase de reforzar o desenrolo da motricidade fina así como de axudarlles a ser máis creativos/as. Tamén se fomentará o contacto e o respecto pola natureza ao empregar recursos que ela mesma nos brinda”, explica o Concello de Barreiros.
A xornada está enmarcada no programa Ler conta moito, da Xunta de Galicia, un programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas co que colaboran as entidades locais.