
O Concello de Barreiros, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, organiza o tradicional Mercadiño de Nadal que terá lugar o vindeiro 6 de decembro na Praza do Concello.
“Ao igual que o resto de mercadiños estacionais que organiza o Concello, este virá cheo de encontros, artesanía e sabores. Una nova cita no municipio para dar comezo ao Nadal”, anuncia o Concello de Barreiros, que ademais avanza que “nos vindeiros días darase a coñecer a programación completa da xornada, que será con tinguiduras do Nadal e con propostas para todos os públicos”.


