Burela

Etiquetas:
17/09/2026

A ruleta da campaña da Volta ao cole de ACIA Burela volve saír á rúa este venres, día 18 de setembro. Estará de 17:30 a 19:30 horas fronte a Mercería Paca e Nora Moda.

ACIA Burela anuncia: “a nosa ruleta volve a saír á rúa! Non te perdas esta oportunidade de gañar premios directo comprando no comercio local. Fronte a Mercería Paca e Nora Moda este venres, 18 de setembro, de 17:30 a 19:30 horas. Lembra traer o teu ticket de compra de 15 euros ou máis de calquera establecemento asociado a ACIA Burela para poder participar. Cada ticket é una oportunidade! Podes gañar vales de desconto, cadernos, bolígrafos, mochilas, regalos sorpresa... ¡Todas as casillas teñen premio! Vémonos o venres para pasar unha tarde divertida e chea de sorpresas”.

Etiquetas:
16/09/2026

O Concello de Burela celebra as actividades da Semana Europea da Mobilidade ata o martes 22 de setembro.

“Un ano máis sumámonos a esta iniciativa europea para promover un modelo de mobilidade urbana sostible que priorice o peonil, o uso da bicicleta e unhas rúas pensadas para todos e todas”, sinala a alcaldesa, Carmela López.

Por outra banda a concelleira Lina Gómez, responsable da aula Gaia, agradece “o traballo de todas as persoas e asociacións da vila implicadas na programación, e particularmente o das monitoras de Gaia, organizadoras da semana”.

O Concello de Burela anuncia que “haberá numerosas actividades ao longo de todos os días de programación, destacando iniciativas como a inauguración dun paso de vaca no parque Rosalía de Castro da man de Casa Grande de Xanceda, co obxectivo de...

leer más
15/09/2026

A Casa do Concello de Burela acolle un novo obradoiro contra a desinformación do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia na provincia, que conta co apoio da Deputación de Lugo. Será este xoves, día 17 de setembro, ás 19:00 no Salón de Plenos, será impartido por María del Carmen Abuín González e enmárcase no proxecto de formación en alfabetización mediática desenvolvido polo CPXG.

O Concello de Burela explica que este acto “está dirixido a fomentar o consumo crítico e a mellor identificación da verdadeira información entre a poboación adulta. A poboación desta localidade poderá así ter acceso a recursos e ferramentas para distinguir mellor o xornalismo de calidade e axudar a combater as noticias falsas. A asistencia ao acto é libre e gratuíta”.

O taller de Burela será unha parada máis na Mariña desta...

leer más
Etiquetas:
14/09/2026

Tin o calcetín e Tina a calcetín achegan á Biblioteca Pública Municipal de Burela da man de Galitoon co obradoiro “Monicreques de calcetín”, unha proposta para nenos e nenas de a partir de 3 anos na que poderán construír e animar o seu propio monicreque.

A actividade desenvolverase o 10 de outubro de 12:00 a 13:00 horas na Casa da Cultura de Burela, e está pensada para que o público infantil poida achegarse ao mundo dos monicreques a través dunha actividade creativa e divertida.

As prazas son limitadas a 40 nenas e nenos e cubriranse por rigorosa orde de inscrición. As familias interesadas xa poden anotarse na Biblioteca Pública Municipal ata o xoves 8 de outubro, en horario de 9:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00 horas. Dende a organización sinalan que o ideal é que cada nena ou neno participe acompañado dos seus...

leer más
13/09/2026

O luns 14 de setembro comeza en Burela un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional.

O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.

Etiquetas:
11/09/2026

O Concello anuncia que Burela “quenta motores para unha fin de semana na que o surf será o gran protagonista na praia da Marosa. Este sábado ,12 de setembro, dará comezo o Iberdrola Surfing Day Burela 2026, unha cita que durante dous días reunirá deporte, igualdade, participación, formación, sustentabilidade e divulgación arredor do surf. A programación contará con preto de 50 deportistas procedentes de diferentes puntos de España e con nomes de referencia como Melania Suárez, campioa da Liga Pro 2025, e María Martín-Granizo, campioa do mundo de parasurfing. Tamén participarán Nicolás García Andrade, campión de Europa en 2025, e o seu irmán Martín García Andrade, campión do circuíto europeo en 2025”.

A alcaldesa de Burela, Carmela López, destaca “a oportunidade que supón para o municipio acoller esta cita, que chega á provincia de Lugo por...

leer más
09/09/2026

O Burela Fútbol Sala anuncia que “o curso xa comezou tamén para a Escola Laranxa. Máis de 160 pequenas xoias entre prebenxamín e xuvenil xa están adestrando dende hai unhas semanas, pero queremos seguir medrando. Por iso abriremos xornadas de portas abertas para a enerxía e ilusión dos Biberóns. Serán entre o luns 14 e o venres 25 de setembro de forma totalmente gratuíta para todos aqueles nenos e nenas nacidos en 2021 que queiran apuntarse a través de CLUBER. Tamén estará dispoñible para @s nad@s en 2022, no caso de que queden prazas libres”.

Etiquetas:
07/09/2026

A presidenta da Deputación de Lugo e alcaldesa de Burela, Carmela López, participou na presentación oficial do Iberdrola Surfing Day Burela 2026, unha iniciativa que “converterá Burela os próximos 12 e 13 de setembro nun punto de encontro arredor do surf, o deporte feminino, a igualdade, a participación, a sustentabilidade e a vinculación coa Mariña lucense. Trátase dun evento que chega á provincia de Lugo por primeira vez, tras celebrase en Nigrán ou Gran Canaria e que reunirá tanto a estrelas do surf como afeccionados a este deporte”.

A presentación tivo lugar na praia de A Marosa, e a mandataria provincial estivo acompañada polo Presidente da Federación Española de Surfing, Román Díez;  o representante institucional en Galicia de Iberdrola, Francisco Silva,  e o Presidente do Burela Surf Club,  Iván Penelo.

...
leer más
Etiquetas:
06/09/2026

O Concello de Burela anuncia que o vindeiro día 21 de setembro, luns, comeza unha nova edición de Ximnasia Activa, programa de envellecemento activo dirixido a persoas maiores de 60 anos. As inscricións poderán facerse do 7 ao 16 de setembro na Casa do Concello de 9:00 a 14:00 horas.

“Actividade física, xogos, ximnasia e, sobre todo, unha boa oportunidade para manterse activ@s e compartir bos momentos”, explica o Concello de Burela.

03/09/2026

O territorio do GALP A Mariña-Ortegal incorpora PescaTurismo Burela, unha experiencia de turismo mariñeiro desenvolvida no marco de Mar e Rías: Pesca & Turismo, un proxecto de cooperación no que participan os oito Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) de Galicia. A proposta, desenvolvida por Miguel Ángel Couto Cilleiro, patrón do Virxen do Rocío, convida a descubrir a pesca artesanal de Burela desde dentro, acompañando ao profesional durante unha saída real de traballo a bordo da súa embarcación.

O GALP A Mariña-Ortegal explica que esta experiencia “permitirá coñecer como se prepara unha xornada de pesca desde o propio porto de Burela, embarcar no Virxen do Rocío e navegar ata a zona de pesca. Ao longo da saída, as persoas participantes poderán observar o traballo coas nasas empregadas para a captura de...

leer más