Burela

21/10/2026

O actor Xosé Antonio Touriñán chega á Casa da Cultura de Burela con Moi animal, “un monólogo cómico sobre a nosa peculiar relación co resto das especies”, explica o Concello, que engade: “querémolos, protexémolos, humanizámolos e mesmo lles poñemos roupa, pero a nosa relación con eles está chea de paradoxos. Desde os animais de compañía ata os lobos, pasando polos vexetarianos e os therians, Touriñán convídanos a rirnos da nosa propia maneira de entender o mundo animal”. Será o sábado 28 de novembro con dúas funcións: ás 18:30 e ás 21:00 horas.

As entradas están á venda en ataquilla.com.

Etiquetas:
20/10/2026

O Concello de Burela abre o prazo de inscrición para participar no Mercado e Rastro de Nadal 2026, que se celebrará os días 28 e 29 de novembro na carpa da praza da Mariña, en horario de 10:30 a 20:30 horas.

“A iniciativa busca fomentar o comercio local, dar visibilidade á artesanía e á creación propia e promover a reutilización de produtos a través dun espazo dedicado aos artigos de segunda man”, explica o Concello de Burela, que engade: “o mercado organizarase en dúas zonas diferenciadas: a primeira estará destinada á artesanía, incluíndo decoración e artigos de Nadal, xoguetes e outros produtos de elaboración propia, tamén de alimentación. A segunda corresponderá ao rastro de segunda man, no que se poderán ofrecer artigos usados en bo estado, como roupa, complementos, libros ou xogos”.

O Concello de Burela...

leer más
20/10/2026

Continúa o Ciclo de Outono na Casa da Cultura de Burela coa obra para público adulto titulada Bio Construción, de Ibuprofeno Teatro. Será este venres, día 23 de outubro, ás 21:00 horas.

O Concello de Burela explica que é “unha proposta dirixida e interpretada por Marián Bañobre e Santiago Cortegoso, con música en directo de Macarena Montesinos. Unha parella deixa o teatro para marchar a un lugar remoto e emprender o seu proxecto máis ambicioso: construír unha casa coas súas propias mans. O que comeza como un soño cheo de ilusión convértese en trinta anos de traballo e compromiso, lonxe do mundo”.

O prezo das entradas é de 5 euros e estarán á venda no despacho de billetes a partir das 20:00 horas.

 

Etiquetas:
16/10/2026

O Concello de Burela continúa coa axenda cultural de outono da Casa da Cultura, unha proposta que reúne diferentes disciplinas artísticas e ofrece alternativas para públicos de todas as idades ata decembro.

“A programación de outubro arrancou o pasado venres co espectáculo O meu pai naceu o mesmo ano que Mick Jagger, de Tarabela Creativa, e Os descontacontos, de Galitoon, ademais do obradoiro de monicreques de calcetín”, explica o Concello de Burela, que engade: “de aquí en diante este ciclo de outono dará cabida ao teatro da man de compañías como Ibuprufeno Teatro, Trípode Teatro, Elefante Elegante, Neboa Events ou o grupo de teatro Ardora; ademáis do monólogo Moi Animal, de Touriñán, ou a proxección do documental Prisciliano e a Gallaecia”.

Tamén anuncia que “a música...

leer más
16/10/2026

Con motivo do Día Internacional contra o Cancro de Mama o Concello de Burela convida a toda a veciñanza a participar no lazo humano solidario organizado pola Asociación Española Contra o Cancro en colaboración co Concello. Será o luns 19 de outubro ás 11:00 horas na Praza do Concello.

O Concello de Burela explica que é “un xesto colectivo para compartir un momento de solidariedade e apoio a todas as persoas que viven de preto esta realidade. Porque acompañar, estar e sumar tamén importa”.

15/10/2026

O Concello de Burela celebrará do 19 ao 23 de outubro a II Semana da Infancia e Adolescencia, unha iniciativa impulsada polas áreas de Educación e Mocidade “para conmemorar os dereitos dos nenos, nenas e adolescentes, dar visibilidade ao recoñecemento de Burela como Cidade Amiga da Infancia e continuar traballando na renovación desta distinción”.

“A proposta dá continuidade á iniciativa posta en marcha en 2025 na Mesa Técnica da Infancia, que promove a celebración dunha semana ao ano dedicada aos dereitos da infancia e da adolescencia. A programación inclúe obradoiros e actividades arredor do bo trato, a igualdade, a saúde, a diversidade e o xogo, ademais de formacións e encontros dirixidos a diferentes públicos”, anuncia o Concello de Burela, que agradece “a implicación do persoal municipal de distintas áreas, en especial a Noelia Legazpi...

leer más
Etiquetas:
13/10/2026

A Asociación Deportiva de Sendeirismo Pasada das Cabras, de Burela, fará unha ruta na Costa de Dexo, no municipio coruñés de Oleiros, este sábado, día 17 de outubro. O prezo é de 35 euros para os socios do colectivo organizador e de 45 euros para os que non o son. Inclúe autobús, comida e seguro. A saída será ás 08:00 horas desde a estación de autobuses de Burela.

É unha ruta de dificultade baixa, con 8,1 quilómetros de percorrido. A organización recomenda levar bastón e calzado apropiado.

As persoas que queiran participar deben anotarse antes deste xoves, 15 de outubro.

Etiquetas:
12/10/2026

O Foro Social da Mariña organiza a proxección do documental titulado Palestina, una tragedia permanente, do cineasta e escritor Javier Díez Moro. A proxección terá lugar este xoves, 15 de outubro, ás 19:30 horas no auditorio da Casa de Cultura de Burela.

“O documental narra a traxedia do pobo palestino ao longo da historia, afondando especialmente no período que vai de outubro de 2023 aos nosos días, período que compre analizar con perspectiva histórica e en relación co auxe dos totalitarismos e a ultradereita no mundo”, explica o Foro Social da Mariña, que engade: “na produción utilizáronse imaxes tomadas polas xentes de Gaza e tamén de arquivo. Hai entrevistas e declaracións de expertos e especialistas como Jeffrey Sachs, Gideon Levy, Ilan Pappé, Oler Cassif, Daniella Weis, Noam Chomsky e Francesca Albanese”.

... leer más
11/10/2026

A asociación Arraianas, en colaboración co Concello de Burela, inicia o xoves 15 de outubro o Espazo Zero, “unha actividade de prevención da soidade non desexada e do suicidio dirixida a adolescentes. A proposta ofrece un espazo seguro onde as rapazas e os rapaces poden falar, compartir e pasar tempo xuntas e xuntos nun ambiente no que se sintan cómodas e cómodos”.

O Concello de Burela explica tamén que o Espazo Zero “enmárcase no programa Candea, de prevención da soidade non desexada e do suicidio en persoas maiores de 65 e menores de 18 anos e de apoio a familias e achegados e achegadas de persoas falecidas. A iniciativa conta co apoio da Consellería de Sanidade e do Ministerio de Sanidade do Goberno de España”.

O tenente de alcaldesa e responsable da área de Xuventude, Mario Pillado, destacou que “o Espazo Zero...

leer más
Etiquetas:
07/10/2026

A área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación promove a difusión do documental Prisciliano e a Gallaecia achegando a súa exhibición a diferentes concellos da provincia. Trátase dunha serie de encontros divulgativos sobre Prisciliano, que contará coa participación de Aser Álvarez, director do documental, Diego Piay, historiador, Victorino Pérez, experto en Prisciliano, e Xabier Correa Corredoira, membro do equipo artístico. O venres 13 de novembro proxectarase en Barreiros e o domingo 15, en Burela.

A deputada de Cultura, Iria Castro, destacou a relevancia deste documental, “o primeiro que se realiza sobre a súa vida”, que axuda á recuperación da figura do bispo, pois “non se ten divulgado o suficiente sobre a súa importancia histórica, xa normalizada en círculos académicos, pero non se achegou este coñecemento á poboación”

A Vicepresidencia da Deputación...

leer más