
Dentro da programación de actividades con motivo do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, Burela acollerá un obradoiro gratuíto de defensa persoal feminina. A actividade será o sábado 14 de novembro na Aula de Familia da Casa da Cultura e contará con dous grupos: un de mañá, de 10:00 a 14:00 horas, e outro de tarde, de 16:00 a 20:00 horas. O obradoiro será gratuíto e as persoas interesadas poderán inscribirse ata o 13 de novembro a través do teléfono 982.580.609 ou do correo electrónico cim@burela.org.
A concelleira de Igualdade, Sandra Fernández, destaca a importancia de incorporar este tipo de iniciativas á programación do 25N: “con este obradoiro queremos ofrecer ás mulleres ferramentas básicas de defensa persoal que contribúan a reforzar a súa seguridade e confianza”.


